Noticias Persoal OPE Publicado o anuncio coa data de exame da OPE
 
 

Publicado o anuncio coa data de exame da OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícanse hoxe no DOG as resolucións que anuncian a data de exame da OPE de Enfermaría e Médica/o de Familia e o lugar e horarios de celebración do mesmo:

  • OPE. Data e lugar de exame Médica/o de Familia. RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria. Descargar PDF
  • OPE. Data e lugar de exame Enfermeira/o. RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a. Descargar PDF

 Os exames terán lugar o sábado, 23 de xaneiro no lugar e hora que, a continuación, se indican:

Lugar: Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra).

Hora:

  • Categoría de médico/a de familia: 9.30 horas
  • Categoría de enfermeiro/a: 16.00 horas.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes comprendidos/as en cada unha delas. As persoas aspirantes deberán comprobar, con carácter previo, a porta de acceso que lle corresponde.

Non se permitirá o acceso das persoas aspirantes ao interior do recinto con dispositivos de telefonía móbil ou soportes con memoria. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

Os/as aspirantes serán convocados/as nun único chamamento e serán excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. Non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto