Noticias Persoal Contratacións Por unha negociación real do Pacto de Contratacións, non aos paripés do SERGAS
 
 

Por unha negociación real do Pacto de Contratacións, non aos paripés do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante webNo día de hoxe vense de remitir un escrito, asinado por todas as organizacións sindicais da Mesa Sectorial, presentes tamén na iniciada "negociación" do Pacto de Contratacións, para instar á Administración a que acometa unha verdadeira negociación. O Pacto actual foi denunciado, e a CIG-Saúde foi unha das organizacións que o denunciou, porque está claro que non cumpre, a día de hoxe, coa función para a que foi concebido, e está a crear grandes problemas na xestión das contratacións temporais no SERGAS.

En xuño de 2015 houbo unha primeira reunión do Grupo de Traballo emanado da Mesa Sectorial para a negociación do Pacto, despois dunha espera de máis de seis meses desde a denuncia, e nesa reunión xa puidemos comprobar que non había por parte da Administración intención real de negociar nada. Está claro que á Administración lle serve o Pacto tal e como está na actualidade e, como moito, pretenden matizar certas cuestións, e non sempre a favor das persoas aspirantes. Isto viuse confirmado na seguinte reunión de decembro de 2015 onde, despois de tres meses desde que se remitiran por parte das OOSS as alegacións ao primeiro texto, desde o SERGAS entregan un documento na reunión onde non se recolle practicamente ningunha das alegacións, nin tampouco se permite que se debatan na propia reunión, nin sequera se argumenta por que si ou por que non se recollen as propostas da parte social. Entregaron un documento pechado. Así liquidan unha negociación do Pacto, en dúas reunións e sen debate.

Coa CIG que non conten para isto. Ese texto non é un pacto, é unha imposición da Administración.

Todas as OOSS presentes nesta "negociación" estamos de acordo en que isto é un paripé e non imos participar del. Por iso vimos de remitir este escrito, no que exiximos a convocatoria dun Grupo de Traballo para debater, propoñer, discutir e falar do Pacto. Para NEGOCIAR. Agardamos unha resposta da Administración.

Escrito dirixido á Directora de Recursos Humanos do SERGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto