Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas CIG-Saúde reclama o recoñecemento do dereito do persoal do Sergas ao permiso de até 3 días por enfermidade leve
 
 

CIG-Saúde reclama o recoñecemento do dereito do persoal do Sergas ao permiso de até 3 días por enfermidade leve

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Denuncia que queda expresamente excluído e demanda igualdade de dereitos para todas as traballadoras e traballadores da administración pública galega

A CIG-Saúde exixe á Consellaría de Sanidade e ao SERGAS que se aplique o permiso de 3 días por enfermidade, con xustificación médica e sen diminución retributiva, para o persoal que traballa na sanidade pública. Sinala que a consellaría de Educación acaba de aceptar que se manteña ese dereito para o persoal docente e que o que traballa para Función Pública xa o ten contemplado desde 2012.
12-05-15 concentración CIG-Saúde
 

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín lembra que coa aprobación da lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais, impúxose unha redución do 50% do salario das/os empregadas/os públicos nos 3 primeiros días de I.T, que foi ratificada coa Lei de Emprego de Galiza. Unha penalización retributiva por enfermar que non aplicará a consellaría de Educación ao seu persoal.

 “Congratulámonos con esa decisión”, sinala Abuín, quen denuncia que porén “as traballadoras e traballadoras/es do SERGAS, que tamén somos empregadas e empregados da Administración Pública Galega, ficamos expresamente excluídos da aplicación flexible da lei”.

Explica que o persoal dependente da consellaría de Sanidade ten que presentar o parte de IT desde o primeiro día de ausencia por enfermidade, e que o SERGAS procede ao desconto na nómina do 50% do salario por eses días.

Por iso entende que é incomprensible que a lei se aplique de forma distinta en función da consellaría para a que se traballe e denuncia a “especial dureza coa que impón o SERGAS estes recortes néganse rotundamente a negociar unha aplicación máis flexible da norma”.

A isto engade que “non podemos esquecer que o traballo do persoal do SERGAS faise en contacto con persoas enfermas, polo que, por responsabilidade na prestación do servizo, as veces é imposible acudir ao traballo para non causar un mal maior”.

Para Abuín o problema é que á Administración “isto dálle igual, a calidade na prestación é o de menos, o importante é penalizar as/os traballadoras/es”.

Diante desta situación, a CIG-Saúde exixe que, de inmediato o persoal do SERGAS teña dereito a 3 días por enfermidade, con xustificación médica, sen perda da súa retribución.

A noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto