Noticias Persoal Outras novas A CIG-Saúde apoia o itinerario profesional do persoal facultativo do SERGAS
 
 

A CIG-Saúde apoia o itinerario profesional do persoal facultativo do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig-globoPeNa reunión da mesa sectorial celebrada o pasado día 12 de febreiro, as organizacións sindicais, agás a organización médica, apoiamos o decreto de itinerarios profesionais para que o persoal facultativo (con titulación de médica/o de familia) dos servizos de urxencias hospitalarias, 061, Centro de Transfusións de Galiza... poidan optar a outros destinos, e outro persoal de Atención Primaria poida optar a estes postos. Reciprocidade.

A necesidade de negociar a mobilidade destes profesionais vén dada pola particularidade da súa prestación laboral, e pola imposibilidade que había, até este decreto, de mobilidade fora do seu ámbito de orixe.

Non podemos esquecer que o Estatuto Marco e a Lei 8/2008 de Saúde de Galiza recoñecen o dereito á mobilidade de todas/os as/os profesionais.

En base a isto, no ano 2009, as organizacións sindicais asinantes do acordo de condicións laborais e retributivas do persoal facultativo de urxencias, na comisión de seguimento do devandito acordo, asinamos unha acta de desenvolvemento do acordo que no seu punto 11 recolle o seguinte: “No primeiro semestre do ano 2009, negociarase un itinerario profesional para facilitar a mobilidade do persoal médico a outras unidades do SERGAS...

Non foi no 2009, senón agora no 2016, cando por fin negociamos o itinerario. Non sabemos se o tempo transcorrido desde a sinatura da acta de acordo foi o que fixo mudar de opinión ao sindicato médico.

A mobilidade deste persoal no concurso de traslados vai ser limitada:

-       Só poderán participar as/os maiores de 55 anos ou que teñan unha antigüidade de 15 anos na súa categoría.

-       As prazas adxudicadas neste concurso non superaran o 25% do total dos destinos ofertados.

-       Este persoal en futuros concursos de mobilidade sempre concursará dentro do 25% das prazas.

A CIG-SAÚDE defende o dereito de mobilidade de todas/os as/os profesionais.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto