Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Enfermeira Especialista, unha realidade no SERGAS
 
 

Enfermeira Especialista, unha realidade no SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

ENFERMEIRA/O ESPECIALISTA.

UNHA REALIDADE NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

O pasado 12 de febreiro aprobouse na Mesa Sectorial a creación da categoría de Enfermeira/o Especialista con nivel 23. Tardou en chegar, mais agora agardamos que o seu desenvolvemento sexa áxil. É dicir, que se creen os postos de traballo da devandita categoría.

A CIG-SAÚDE deu a súa aprobación ao decreto, máis non foi un cheque en branco a Admón, a creación da categoría non pode ser un novo documento para encher o DOG.

Desde CIG-SAÚDE esiximos na Mesa Sectorial que conxuntamente coa aprobación do decreto, asinásemos unha acta de desenvolvemento que permita a creación de postos da nova categoría.

Desde CIG-SAÚDE entendemos, por unha banda,  que teñen que reclasificarse en prazas de Especialistas todas as prazas ocupadas por persoal fixo que están en posesión do título de Especialista. Este persoal fixo accedería ao posto de Especialista, manténdose no mesmo posto, mediante un proceso único de concurso de méritos, coma se recolle no Estatuto Marco, e no decreto 206/2005 de selección e provisión do SERGAS. Na actualidade, isto aplicaríase ao persoal de Saúde Mental, Traballo e Pediatría. O resto de especialidades terían o seu proceso una vez rematase o procedemento de obtención do título de especialista pola vía extraordinaria. Para negociar o procedemento e o baremo de acceso do persoal fixo convocarase un grupo de traballo no mes de marzo. Por outra banda, de forma progresiva e en todas as especialidades, as prazas que vaian quedando vacantes iranse reclasificando en prazas de Especialista.

O SERGAS comprometeuse a que na Oferta de Emprego do ano 2017 se convocarán prazas de Enfermeiras/os Especialistas.

Neste proceso temos que ter en conta ao resto de enfermeiras/os que seguen estando habilitadas/os para desempeñar calquera dos postos. Tamén son persoal cualificado, profesionais que xunto co persoal do resto de categorías son o sostén da Sanidade Pública. Así, coa sinatura desta acta conseguimos que cheguen a desenvolverse as Especialidades de Enfermaría como unha mellora profesional e asistencial sen deixar no camiño a ninguén.

Unha vez publicado o decreto, e conxuntamente coa entrada en vigor da norma, tamén se porán en marcha as correspondentes listaxes de contratacións.

Agora apróbase a norma, mais queda pendente todo o traballo de transformala en postos de traballo de Enfermeira/o Especialista.

Sigamos convertendo en realidades as demandas e necesidades da Sanidade Pública!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto