Noticias Persoal OPE O SERGAS segue utilizando a OPE como ferramenta para desmantelar a Sanidade Pública e conseguir a privatización
 
 

O SERGAS segue utilizando a OPE como ferramenta para desmantelar a Sanidade Pública e conseguir a privatización

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

feijoorecortadorA Oferta Pública de Emprego presentada polo SERGAS na Mesa Sectorial do día 12 de febreiro, ven pór de manifesto unha vez máis a amortización de postos de traballo na Sanidade Pública. A Administración segue a aplicar a taxa de reposición, e nalgunha categoría a Oferta de Emprego é igual a “cero” desde o ano 2009, mentres que a outras categorías obrígaselles a presentarse a diversas OPE con ofertas de prazas moi reducidas.

Nesta OPE 2016 vanse convocar 818 prazas repartidas en varias categorías. Cando, de realizarse unha convocatoria de OPE co 100% das prazas vacantes producidas desde o ano 2009, a oferta debería de ser de máis de 3000 prazas.

Desde a CIG-SAÚDE seguimos exixindo que o SERGAS negocie un Plan de Emprego que permita unha convocatoria de OPE co 100% das prazas. Isto xa se fixo durante o goberno bipartito, e como consecuencia convocáronse ofertas de emprego coa TOTALIDADE das prazas.

→Convocatoria OPE 2006: 2722 prazas convocadas. (DOG 14 de agosto de 2006)

→Convocatoria OPE 2008: 3913 prazas convocadas. (DOG 26 de febreiro de 2009)

Terá que haber un cambio de goberno para volver devolverlle á Sanidade Pública o nº de traballadoras/es necesarios para prestar unha sanidade de calidade? Actualmente a calidade da Sanidade Pública está diminuída, xa que por moito que maquillen os datos, as listaxes de espera seguen a medrar, ao igual que as derivacións á privada.

feijoorecortador dereitos laboraisEsta política de persoal, e a falta de estabilidade laboral, incrementa a precariedade laboral. Non só NON convocan prazas a OPE, senón que tampouco autorizan contratos estables de interinidade. Isto implica que o persoal, para cubrir o mesmo posto, asine contratos cada 15 días, por días soltos, ou outras modalidades perversas. E a isto chámanlle “estabilidade orzamentaria”. Con esta modalidade de contratación, obrigan ao persoal a facer unha xornada maior que a xornada SERGAS, posto que non se lle computa a diminución de xornada en función das noites realizadas.

Esta é a política de persoal do Partido Popular: precariedade, precariedade e máis precariedade, laboral e retributiva.

Non llo podemos permitir, o diñeiro público é para dar uns bos servizos públicos, non para que determinados sectores sigan obtendo beneficios a costa da saúde de tod@s.

Non o consintas! Mobilízate!

Plan de Emprego para o SERGAS XA!

Convocatoria do 100% das prazas! Contratos estables pola causa que motiva a contratación!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto