Noticias Persoal OPE Publicadas listas definitivas de admitidas/os da OPE 2014
 
 

Publicadas listas definitivas de admitidas/os da OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de persoas admitidas e excluídas para a OPE 2014 (Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta Ocupacional, Técnica/o Superor en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, Técnica/o Superior en Hixiene Bucodental, Técnica/o Superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnica/o Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Técnica/o Superior en Radioterapia, Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermaría e Técnica/o de Farmacia), así como as persoas exentas da proba de galego.

  • OPE 2014: RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Información ofrecida polo SERGAS sobre a data de exame: Logo de publicados os listados definitivos, infórmase que está previsto que os exercicios da fase de oposición, nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia, se desenvolvan na segunda quincena do mes de MAIO.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto