Noticias Persoal OPE Por unha OPE digna para un emprego digno. Por unha Sanidade Pública de calidade.
 
 

Por unha OPE digna para un emprego digno. Por unha Sanidade Pública de calidade.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cartaz concentración

---

POR UNHA OPE DIGNA PARA UN EMPREGO DIGNO.

POR UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE.


Un dos potenciais máis importantes da Sanidade Pública é o seu persoal. Para ter uns servizos públicos de calidade, precísase persoal cualificado e suficiente. O goberno do PP, pola contra, está a facer todo o posible para reducir este capital humano á mínima expresión, eliminando ano tras ano postos de traballo na Sanidade Pública.

Nos anos 2010-2014 a taxa de reposición foi do 10%, de cada 10 traballadores/as xubilados/as só se cubría unha praza. No ano 2015, a taxa de reposición foi do 50% das vacantes producidas ese ano. No ano 2016, a taxa de reposición é do 100% das vacantes do ano anterior. Mais esta taxa de reposición non se está a aplicar sobre todas as prazas vacantes, senón sobre as vacantes que previamente teñen autorización para a súa cobertura.

A isto hai que sumarlle a eliminación de postos de traballo do Plan de Mellora de Atención Primaria, e a do Plan Galego de Saúde Mental.

Con esta política de persoal cada ano aumentase a precariedade laboral. E cada día hai menos traballadoras/es no SERGAS, aumentando cargas de traballo, listas de espera...

Esta política de persoal tamén afecta ás contratacións: este goberno está empeñado en facer contratos lixo para a cobertura de prazas estruturais, que sempre se cubriron con contratos de interinidade ou con contratos pola causa que motivaban a contratación. Agora a modalidade maioritaria de contratación no SERGAS é por día soltos.

As OOSS convocantes esiximos do SERGAS e do GOBERNO DO PP unha negociación na Mesa Sectorial que permita:

  • Unha convocatoria de OPE para todas as categorías co 100% das prazas vacantes desde o ano 2009.
  • A negociación dunha Orde de Vínculos que obrigue ao SERGAS a contratar pola causa que motiva a contratación.

Non imos desistir até conseguir emprego digno no SERGAS. O diñeiro público é para dar servizos públicos de calidade. Isto non se consigue se non hai persoal para prestalos. A eliminación dos postos de traballo é a ferramenta que utiliza o SERGAS para facilitar a privatización.

Mobilízate. Non consintas que acaben coa Sanidade Pública.

CONCENTRACIÓNS EN TODAS AS ÁREAS SANITARIAS O DÍA 3 DE MARZO

MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA O DÍA 10 DE MARZO

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto