Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s A prescrición de enfermaría segundo a Consellaría de Sanidade
 
 

A prescrición de enfermaría segundo a Consellaría de Sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

No día de onte o SERGAS achegounos un documento que denominou “Nota informativa respecto á indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte dos profesionais de enfermaría do Sistema Público de Saúde de Galicia”, en relación co Real Decreto 954/2015, do 23 de outubro.

Este documento está asinado polo Sr. Conselleiro de Sanidade, e vennos dicir que, en vista de que o Decreto non se pode cumprir, sigamos a traballar coma sempre, tendo a precaución de usar as vías oficiais para o rexistro das ordes médicas.

Temos que valorar a interpretación que fai do decreto como unha interpretación lóxica e non xurídica, dando a entender que como non se cumpren os requisitos do decreto porque está sen desenvolver, non pode haber ningunha implicación legal.

Desde a CIG discrepamos disto por varias cuestións, e a primeira delas é a falta de acreditación do persoal, xa que consideramos que o título facilitado polos Colexios de Enfermaría non está homologado polo Ministerio de Sanidade, e por riba entendemos que é o SERGAS quen ten que facilitar a acreditación coa garantía de que todo persoal conte con este requisito, cousa que a día de hoxe non acontece.

Hai que recoñecer que agora mesmo a enfermaría ten o aval da sinatura do Conselleiro para levar adiante as vacinacións, a atención urxente, o uso de produtos sanitarios de uso humano nas curas e outros procedementos sobre os/as doentes, ademais de contar co seguro de Responsabilidade Civil da Xunta.... entendemos que no caso dunha denuncia o Conselleiro será o primeiro é o último responsable.

Queda demostrado que, dende logo, quen lexisla non ten en conta para nada a realidade sobre a que lexisla, fai a norma produto de presións institucionais e políticas, pero para nada favorece aos/as doentes, nin aos/as profesionais.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto