Noticias Persoal OPE Escrito á Conselleira
 
 

Escrito á Conselleira

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta mañá remitimos o seguinte escrito á Conselleira sobre as prazas de radiofísicos que non se ofertaron a OPE cando nun principio sí estaban ofertadas:

 

 

Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela.-

 

No proceso  selectivo para facultativos de hospitais convocado segundo a Resolución do 11 de decembro de 2008  recollíase a dotación de 2 prazas de radiofísico hospitalario en Galaria, con destino no novo hospital de Lugo. A unha semana de que o persoal que superou o proceso selectivo puidese escoller destino,  a administración suprimiu os destinos do hospital de Lugo e ofertou estas dúas prazas noutros complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde (CHUS e CHOU).

 

A anulación das dúas prazas de radiofísico hospitalario ven a confirmar que o novo hospital de Lugo non vai  ter servizo de radioterapia, xa que para o funcionamento deste servizo é imprescidíbel a dotación de radiofísicos/as. Na área de radioterapia o radiofísico é o responsábel, entre outras funcións, dos métodos de cálculo e do  control de calidade e funcionamento dosimétrico dos equipos, supervisando os tratamentos desde a dosimetría dos equipos, baseándose isto no  protocolo da OIEA (Organización Internacional da Enerxía Atómica), para obter os mellores resultados terapéuticos e garantir a seguridade.

 

Desde a CIG-Saúde vemos con preocupación a non apertura do servizo de radioterapia  no novo hospital de Lugo para a data na que estaba prevista polo goberno anterior; e parécenos moi preocupante que á data do presente escrito aínda non se teña publicado no DOG o  concurso para adquirir a dotación dos equipos (acelerador lineal).

 

Como vostede é coñecedora, entre a publicación no DOG para a adquisición deste equipamento e a súa posta en funcionamento, aínda que isto se fixese coa maior axilidade, o tempo transcorrido non sería inferior a un ano.

 

Esta situación, que provocou a consellaría que vostede dirixe, vai ter unha repercusión moi negativa no tratamento do cancro. Antes do fin do ano 2010 o hospital oncolóxico da Coruña ten que proceder a substituír o acelerador antigo polo acelerador novo que xa está mercado. Non creo que teñamos que lle lembrar a vostede a importancia de proceder de inmediato a substituír este aparello, xa que este modelo produciu consecuencias moi negativas noutros hospitais.

 

O prazo de substitución dun acelerador por outro nunca é inferior aos 4 ou 5 meses, tempo no que un equipamento tan importante no tratamento no cancro estará inutilizado.

 

Desde a CIG-Saúde preguntámonos, coa maior preocupación que nos causan os temas asistenciais, se o acelerador do hospital oncolóxico da Coruña vai estar inutilizado 4 ou 5 meses, e na provincia de Lugo non funciona o servizo de radioterapia, a onde pensa a conselleira de Sanidade enviar os doentes de cancro das provincias da Coruñas e Lugo a recibir este tratamento?. Agardamos que a súa resposta non sexa de que serán remitidos a outras áreas sanitarias, pois  cómo vostede sabe os servizos de radioterapia xa comezan a ter listas de espera en todas as áreas.

 

Agardamos desa consellaría que a resposta se nos faga chegar por escrito, e non cómo noutras ocasións que se nos de a calada por resposta  ou se nos conteste con  anuncios de prensa que distan moito da realidade existente.

Atentamente,

 

Compostela, 29 de xuño de 2010

 

 

Asdo: María Xosé Abuín Álvarez

Secretaria Nacional da CIG-Saúde

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto