Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas Xa está ben de roubarnos dereitos!
 
 

Xa está ben de roubarnos dereitos!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE informa a todas as traballadoras do SERGAS que se atopen en situación de xestación que teñen dereito ao permiso retribuído recollido na disposición adicional décimo sexta do Estatuto Básico do Empregado/a Público.

O día 31 de outubro de 2015, publicouse no BOE o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, de aplicación a todo o persoal laboral, funcionario e estatutario.

      Na disposición adicional décimo sexta recolle:

“Permiso retribuído en estado de xestación.

      Cada Administración pública, no seu ámbito, poderá establecer para as funcionarias en estado de xestación un permiso retribuído a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo ata a data do parto.

No suposto de xestación múltiple, este permiso poderase iniciar o primeiro día da semana 35 de embarazo ata a data de parto.”

As Consellarías de Facenda e Educación da Xunta de Galiza, exercendo as súas competencias, negociaron nas súas respectivas Mesas Sectoriais unha regulación desta norma, e publicárona en cadansúa Resolución.

A CIG-SAÚDE INFORMA ÁS TRABALLADORAS DO SERGAS QUE PODEN SOLICITAR ESTE PERMISO:

“Permiso retribuído para as mulleres xestantes a partir do 1º día da semana 37 até a data do parto, e dende o 1º día da semana 35 en caso de xestación múltiple”

O SERGAS empresa de Saúde, castiga as súas traballadoras xestantes. Mais con Resolución ou sen ela, a Consellaría de Sanidade non pode excluír as traballadoras do SERGAS deste dereito.

Que a Consellaría de Sanidade non publicase ningunha resolución, non quere dicir que as traballadoras xestantes do SERGAS non teñan dereito a este permiso. Simplemente quere dicir que o SERGAS pretende roubarlle este permiso as súas traballadoras.

Estamos fartas/os do roubo que a Consellaría de Sanidade nos fai dos nosos dereitos. Desde a CIG-SAÚDE exiximos a convocatoria inmediata da Mesa Sectorial para iniciar unha negociación que regule tanto este como outros permisos que outras Administracións xa regularon e que o SERGAS segue sen querer recoñecer.

CIGSAUDElogo

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto