Noticias Persoal Contratacións Previsión de publicación de listas de contratación SERGAS
 
 

Previsión de publicación de listas de contratación SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas 182x91

(INFORMACIÓN DADA NA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DO 16 DE MARZO DE 2016)

  • Xoves, 17 de marzo:
    • Publicación das listas de baremación provisional de Calefactor/a, Electricista, Mecánico/a, Fontaneiro/a, Condutor/a (e a sublista de Condutor/a de Vehículos Especiais de uso sanitario) e PSX.
  • Finais de marzo:
    • Publicación de baremación provisional de Enfermeira/o, Enfermeira/o do 061, Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía e Médica/o de Familia. Para as categorías de Enfermaría e Medicina de Familia o SERGAS pretende recoller a nota provisional de OPE. →(Desde a CIG temos as nosas dúbidas de que isto teña validez xurídica, toda vez que os méritos contaban ata o 15 de outubro e o exercicio de oposición foi o 26 de xaneiro posterior. E, en todo caso, non entendemos que se recollan puntuacións provisionais dunha OPE e posteriormente se cambien as listas para recoller puntuacións definitivas, que non van poder ser reclamadas)
  • Abril:
    • Publicación de listas definitivas de Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental, Enfermeira/o Especialista do Traballo, Médica/o de Urxencias Hospitalarias e Pediatra de Atención Primaria. Tamén publicación de listas definitivas de Técnica/o Superior agás Técnica/o de Radioterapia (xa publicadas), e listas definitivas de TCAE e Técnica/o de Farmacia.
  • Maio:
    • Publicación das provisionais do resto de categorías: Psicóloga/o Clínica/o, Médica/o Coordinador e Asistencial do 061, Farmacéutica/o de AP, Médica/o do Traballo, Odontóloga/o, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta Ocupacional, Traballador/a Social.

→Antes de rematar maio prevén publicar listas definitivas de Enfermaría, Enfermaría do 061, Enfermaría Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Medicina de Familia e PSX.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto