Noticias Persoal Contratacións Información Comisión Central de Seguimento do Pacto
 
 

Información Comisión Central de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
  • Información Xeral Pacto. Previsións de listas.
    • FINAIS DE MARZO: Publicación das listas provisionais de baremación das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a do 061, matrón/a e médico/a de familia.

Para as categorías de médico/a de familia e enfermeira/a teñen pensado incluír a puntuación desta última OPE aínda que sexa provisional. Din que fixeron a súa valoración xurídica e que o pacto o permite.

Dende CIG-Saúde cuestionamos a legalidade de incluír a nota dun exame feito o 26 de xaneiro de 2016, cando a data de corte dos méritos é de 15 de outubro de 2015, e máis aínda se pretenden incluír as notas provisionais sen estar rematada a fase de oposición da OPE.

    • ABRIL: Publicación das listas definitivas de baremación das categorías de Enfermeira/o especialista en Saúde Mental, Enfermeira/o especialista do Traballo, Médico/a de urxencias hospitalarias, Pediatra de Atención Primaria. Publicación das listas definitivas de baremación das categorías de Técnicos/as Superiores, agás Técnico/a de radioterapia (xa están publicadas), TCAE e Técnico/a de Farmacia.
    • MAIO: Publicación das listas provisionais de baremación do resto de categorías: Psicólogo/a Clínica, Médico/a Coordinador do 061, Médico/a Asistencial do 061, Farmacéutico/a de Atención Primaria, Médico/a do Traballo, Odontólogo/a, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta Ocupacional e Traballador/a Social.
    • FINAIS DE MAIO: Publicación das listas definitivas de baremación das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a do 061, matrón/a, médico/a de familia e PSX.
  • Situación de indispoñibilidade transitoria de aspirantes.

A Admón informa de que no mes de decembro se xeraron listas por indispoñibilidade das categorías de Enfermeira/a, Matrón/a, Médico/a de familia, Enfermeira/a especialista en Saúde Mental, Calefactor/a (para a área de A Coruña) e Condutor/a de vehículos especiais (para o CTG).

Dende CIG-Saúde solicitamos que se nos remitan esas listas xeradas por indispoñibilidade, que se enviaron ás xerencias, para poder comprobar os chamamentos efectuados por elas.

A resposta dada pola Admón foi que ían preguntar se podían facilitarnos esas listas. E despois ver se nolas tiñan que facilitar os centros ou desde Servizos Centrais.

Neste punto deixamos claro que as listas as tiña que aportar Servizos Centrais, que é quen as elabora, e non os centros. E se non queren facilitarnos as listas, CIG-Saúde rompe o acordo da Comisión Central anterior no que se marcaban os criterios para a elaboración das mesmas nas situacións de indispoñibilidade. É inadmisible que se estean negando a dárnolas.

  • Reincorporacións en lista das suspensións de chamamentos.

A Admón expón que hai diferenzas entre as distintas xerencias á hora de que un/ha aspirante solicite a reactivación nas listas. Efectivamente o pacto establece que o/a aspirante ten que alegar o fin da causa, pero isto non implica a xustificación documental da mesma. Entenden que o escrito de levantamento de suspensión de chamamentos é unha especie de declaración xurada onde se dá por finalizada a causa da suspensión. Tamén entenden que se a Admón comproba falsidade no levantamento dunha suspensión, pode non aceptar a reposición nas listas.

  • Rogos e preguntas.

Dende CIG-Saúde denunciamos a situación que se está a dar en O Barco coas pasador/as de ferro. A EOXI de Ourense non solicitou que se abrira lista da categoría de Pasador/a de ferro, cando en O Barco se están a facer contratos desta categoría. Agora, ditas coberturas estanse a facer a través das listas de pinche da área do Barco, cando se deberían chamar ás áreas limítrofes de Pasador/a de ferro. Quedaron que o ían mirar.

Preguntamos por que lista se está a chamar para cubrir a categoría de Promotor/a do CTG. Como non sabían que responder quedaron de revisalo.

Solicitamos que conste expresamente na acta o acordo sobre o que se entende por mellora de contrato, porque nalgunha xerencia non queren aplicalo.

Máis información nos nosos locais sindicais.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto