Noticias Persoal Contratacións Convocatoria de Listas Automáticas
 
 

Convocatoria de Listas Automáticas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Convocadas listas de contratación automáticas do mes de xullo (categorías de médic@s de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeir@s).

Podedes ver aqui a resolución. As solicitudes nos centros de xestión ou na páxina web do SERGAS.

 

Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polo que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS-DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas, e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nO 104 de 1 de xuño de 2004, a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006  (DOG n° 90 de 11 de maio), e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 na Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos (DOG n° 77 de 26 de abril). O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 15 de xullo do 2010, ámbolos dous inclusive.


Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto