Noticias Persoal Outras novas Máis anuncios propagandísticos: devolución da paga extra do 2012 (cantas veces van?)
 
 

Máis anuncios propagandísticos: devolución da paga extra do 2012 (cantas veces van?)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

megafonowoman2O Conselleiro de Facenda convocounos onte con máxima urxencia para comunicarnos que en dous cómodos prazos van devolver a parte que queda da extra que nos subtraeron no ano 2012 (que a pagan porque lles gañamos todas as sentenzas xudiciais, non nos enganemos).

Quitárona ilegalmente dun golpe, e devólvena en 4 prazos: dúas partes no ano 2015, dúas partes no ano 2016, iso si, coincidindo coa previsión de calendario electoral do Partido Popular.

As/os traballadoras/es do SERGAS van percibir a 3ª parte da extra 2012 na nómina de abril, pode ser que as eleccións xerais e autonómicas sexan en xuño. Se non hai eleccións en xuño, e son en outubro, tampouco hai problema, ese mes de outubro o goberno galego paga a 4ª parte da extra do ano 2012.

Que non se confundan, a nosa dignidade non ten prezo, sempre seguimos sendo dignos/as, o que estamos é sometidos a un estado indigno e a gobernos indignos.

Mais o Sr Conselleiro de Facenda non quere falar doutros temas, e en clave electoral anúncianos que no ano 2017 recuperarase o complemento específico das pagas extras, iso si, coas retribucións recortadas do ano 2010.

Non queren falar da devolución do específico da extra do ano 2013-14... nin sequera da parte que estamos a gañar xudicialmente. Presentaron recurso ante o Tribunal Supremo.

Tampouco queren falar de temas tan importantes coma a recuperación do complemento de I.T, é dicir, que eliminen a penalización retributiva cando as/os traballadoras/es están enfermas/os.

“Acordos asinados nunha servilleta???”

sneezingOs acordos sectoriais do SERGAS cualificounos como acordos asinados nunha servilleta, desde CIG-SAÚDE lembrámoslle que estes acordos de servilleta foron asinados na MESA SECTORIAL cando gobernaba o Partido Popular, para exemplo a carreira profesional. Foron acordos legais, con autorización da Consellaría de Facenda, e publicados no DOG. Se o único recurso que ten o Sr Conselleiro de Facenda e a descualificación dos seus antecesores para non negociar un plan de devolución dos acordos suspendidos, o único que se descualifica é el.

Desde CIG-SAÚDE imos seguir demandando a negociación dun plan

que permita a recuperación de todos os acordos suspendidos.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto