Noticias Persoal OPE OPE 2013 Enfermaría: publicada nova resolución de puntuacións provisionais
 
 

OPE 2013 Enfermaría: publicada nova resolución de puntuacións provisionais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícase hoxe no DOG unha nova resolución que dá publicidade ás puntuacións provisionais da fase de oposición da OPE 2013 para a categoría de Enfermeira/o, despois de que na resolución publicada anteriormente se constataran erros:

  • Puntuacións provisionais OPE (Enfermaría) corrixidas. RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 4 de marzo de 2016 relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e ás puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF

O cadro definitivo de respostas que foi publicado a semana pasada é o correcto. Ábrese un novo prazo de reclamacións sobre a puntuación provisional, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Ligazón á páxina do SERGAS onde consultar as puntuacións provisionais (Enfermaría).

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto