Noticias Persoal Contratacións Baremación provisional listas varias categorías sanitarias
 
 

Baremación provisional listas varias categorías sanitarias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas 182x91Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á baremación provisional da actualización das listas de contratación das categorías de Enfermeira/o, Enfermeira/o do 061, Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía e Médica/o de Familia.

  • Baremación provisional listas de enfermeira/o, enfermeira/o 061, enfermeira/o especialista en obstetricia e xinecoloxía e médica/o de familia. RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

Ligazón á páxina do SERGAS para ver as listas

--Actualización--

Información importante:

Parece ser que nas listas de baremación provisional de enfermaría do 061 publicadas hoxe, hai erros importantes na baremación da experiencia profesional.
Falado co SERGAS, o erro parece ser que se debe a que se contabilizou o tempo traballado como enfermeira/o coma se fora noutra categoría. Informan que publicarán unha nova lista con este erro de puntuación xa corrixido.

Polo visto, nas listas de enfermaría tamén hai algún problema coa puntuación da OPE dalgunhas persoas. Queremos lembrar que se incorporou a nota provisional desta OPE inda en contra das grandes dúbidas manifestadas pola CIG sobre a súa irregularidade, dado que se trata dun mérito acadado posteriormente ao 15 de outubro e ademais o que se incorpora é unha nota provisional, xa que non está rematada a fase de oposición da OPE. As persoas que se sintan afectadas por esta cuestión, tamén deberían formular unha reclamación ao respecto.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto