Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas Permisos e licenzas SERGAS: Negociación XA!!!
 
 

Permisos e licenzas SERGAS: Negociación XA!!!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mentres as Mesas Sectoriais de Función Pública e Educación negocian e acordan o réxime de permisos e licenzas para o seu persoal, o SERGAS négase rotundamente a falar dos permisos e licenzas de traballadores e traballadoras da Sanidade Pública.

Os acordos de Función Pública e Educación ademais de regular as vacacións e días libres, regulan permisos de conciliación familiar e de saúde das/os traballadoras/es: permisos de maternidade, de incorporación progresiva, con redución de xornada, tras un proceso oncolóxico...

E que fai o SERGAS? Négase a negociar, e aplica a normativa coa maior restrición posíbel.

Que permisos retribuídos regulan estes acordos? Entre outros:

®  Nos permisos por enfermidade, para o persoal que traballa a quendas serán días inhábiles os días de descanso e festivos recollidos nos cadros de horarios. Polo que o permiso non implica días continuados, senón que serán en función dos días inhábiles que abranga.

®  Permiso para que o/a traballador/a poida acudir a todas as consultas médicas e revisións propias.

®  Permiso por hospitalización e coidado no domicilio de familiar. Para o computo dos días tomarase como referencia o municipio de residencia do/a traballador/a. No caso de coidado no domicilio tomarase coma referencia o domicilio da/do familiar.

®  Permisos de conciliación familiar, acompañamento de fillas/os menores ou maiores a cargo a consultas e revisións. E por acudir a titorías no centro escolar das/os fillas/os.

®  Permiso para doazón de sangue.

®  Permiso por matrimonio dun familiar até o 2º grao. No SERGAS chega a non concederse día mesmo para a persoa que casa.

®  Non dará lugar a I.T as ausencias do posto de traballo por enfermidade que non superen os 3 días.

®  Permiso por xestación. A partir do 1º día da semana 37. Na xestación múltiple iniciarase o permiso o 1º día da semana 35.

®  Permiso para a adaptación progresiva á xornada laboral tras un tratamento oncolóxico.

®  Seguen a manter coma días libres o 24 e 31 de decembro, os horarios de verán, ou o cómputo de 10 minutos diarios como xornada efectiva.

Mentres isto ocorre noutros ámbitos da Administración Pública, as/os traballadoras/es do SERGAS temos limitados os permisos, mesmo até o dereito a acudir a consulta de enfermidade propia do/a traballador/a.

Esiximos, unha vez máis, a negociación na Mesa Sectorial dun acordo de permisos para o persoal do SERGAS.

Non máis roubos!

permisosp

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto