Noticias Persoal Contratacións A puntuación provisional da OPE nas listas de contratación causa indefensión. CIG Saúde dubida de que a incorporación desta puntuación sexa adecuada ao pacto.
 
 

A puntuación provisional da OPE nas listas de contratación causa indefensión. CIG Saúde dubida de que a incorporación desta puntuación sexa adecuada ao pacto.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante webNas listas provisionais das categorías de Enfermaría e Medicina de Familia, e nas listas de Enfermaría do 061, publicadas o día 31 de marzo, incorpórase a puntuación provisional da OPE 2013, cuxos exercicios se celebraron o pasado 23 de xaneiro de 2016.

Desde a CIG-Saúde temos as nosas dúbidas sobre que esta incorporación responda ao recollido no pacto, e, ademais, pensamos que provoca indefensión nas persoas aspirantes.

Dous son os motivos que nos fan pensar isto:

  • A actualización periódica de listas ven regulada na Resolución publicada no DOG o 23 de setembro de 2013, onde recolle expresamente:

En cada xeración de listas que se efectúe incluiranse as solicitudes e méritos que consten presentados ata quince días antes da data prevista na epígrafe II.4.3 da Resolución do 26 de abril de 2011 pola que se publica o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal (15 de outubro ou específico da OPE).

Os exercicios de oposición celebráronse despois do prazo establecido como límite para ter en conta os méritos rexistrados no Expedient-e, polo que non se cumpre o regulado.

  • Ademais, no Pacto de Contratacións recóllese:

Á finalización de cada proceso selectivo de persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, coa publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se declara rematada a fase de oposición deste, efectuarase unha nova xeración de listas, sempre que medie un período mínimo de tres meses entre esta última data e a de xeración de listas prevista no parágrafo anterior. De mediar un prazo inferior, efectuarase unha única xera­ción de listas que incorporará os resultados de OPE.

Neste caso non se cumpre a premisa principal, posto que aínda non finalizou o proceso selectivo nin se publicou en DOG a resolución que dá por rematada a fase de oposición. O que é máis, estase incorporando unha puntuación de OPE que é provisional, e que inda é obxecto de modificacións vía reclamación, o cal quere dicir que cando se publiquen as listas definitivas das listas de contratación, a puntuación OPE pode ser en moitos casos distinta da que se incorpora agora, polo que se está a causar indefensión nas persoas aspirantes, que non poderán facer reclamación previa diante das listas definitivas.

CIG-Saúde xa denunciou esta cuestión na Comisión Central de Seguimento do Pacto.

Infórmate e actúa!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto