Noticias Persoal Outras novas O SERGAS pretende facer obrigatoria a colexiación para quen non o é
 
 

O SERGAS pretende facer obrigatoria a colexiación para quen non o é

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A colexiación no ámbito sanitario é obrigatoria para as/os profesionais con Titulación Universitaria en Ciencias da Saúde. Que existan colexios profesionais da área sanitaria de Formación Profesional, non quere dicir que a súa colexiación sexa obrigatoria. Esta diferenciación entre profesións sanitarias/os tituladas/os, e profesións da área sanitaria de formación profesional, ven recollida nos artigos 2 e 3 da Lei 44/2003, de Ordenación das Profesións Sanitarias. A obrigatoriedade da colexiación para os profesionais da ciencia da saúde (titulación universitaria) ven recollida na Lei 1/2010, do 11 de febreiro, promulgada polo actual goberno do PP.

Recentemente, desde o espazo profesional do hospital da Coruña, estase a solicitar as/os hixienistas dentais a súa colexiación. Segundo a nosa información, isto faise por unha instrución da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, a instancia da  Secretaria Xeral Técnica. E desde a CIG-SAÚDE preguntámonos: desde cando a Consellaría de Sanidade pon ao servizo dos colexios profesionais, entes privados, os servizos administrativos do SERGAS? Cal e a intención da Consellaría de Sanidade ao solicitar información sobre a súa colexiación a un grupo profesional que non ten obriga de estar colexiada/o?

Por iso vimos de remitir este escrito á Directora de Recursos Humanos e ao Xerente do SERGAS, para exixir que o Servizo Galego de Saúde deixe de prestar servizos e buscar clientes aos colexios profesionais, entidades privadas. Se puxeran tanto celo en traballar para unha sanidade pública de calidade, mellor nos iría.

20160425 escrito colexiación


   

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto