Sobre as nóminas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Algunha xente ao ver as nóminas ordinarias que están a ingresar están a atopar que, aparentemente, cobran máis que antes dos recortes. Antes de que calquera se poña eufóric@, queríamos aclarar que isto é debido a que na nómina ordinaria de xuño (como nas anteriores de decembro do 2009, xuño do 2009 etc...) vai icluido un concepto que pertence á nómina da paga extra, que é o específico adicional. Este concepto págase completo nas extras desde decembro pasado, por mor dun acordo que no seu día se conseguira (podedes ver aqui a orde de nóminas onde figuraban as contías do acordo).

O caso é que o SERGAS (e non sabemos a razón) rexistra na nómina ordinaria un concepto que pertence en realidade á extra. Se facedes o cálculo e restades á nómina ordinaria ese complemento da extra (específico adicional), veredes cómo sí que se vos aplicaron os descontos. Non vos fagades ilusións, porque do contrario, na nómina de xullo, onde xa non hai complemento da extra, vades levar un desgusto.

 

Ademais disto, queríamos comentar que parece ser que nalgunhas das nóminas ordinarias que están empezando a ingresar, aparecían as bases de cotización recortadas como os salarios. Lembrámosvos que o Real Decreto Lei 8/2010 que adoptaba medidas extraordinarias para a reducción do déficit público, na súa disposición adicional séptima sobre Cotización ao Rexime Xeral da Seguridade Social, dicía que as bases de cotización serían coincidentes coas do mes de maio de 2010 e non sufrirían variación malia os recortes que se lle fan aos salarios. Por este motivo, preguntámoslle ao SERGAS cal é a causa pola que nalgunhas nóminas esas bases aparezan con descontos e a resposta, que vimos de recibir, é a seguinte:


Bos días:

 

A disposición adicional novena da Lei 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2010 reflicte que cando a regularización das nóminas derivadas desa lei non se poidan efectuar por razóns técnicas na nómina do mes de xuño, a administración poderá efectuar as regularizacións posteriores que sexan precisas. Precisamente, por causa desa complexidade técnica, o Servizo Galego de Saúde dispuxo a aplicación das modificacións no sistema de nómina en varias fases. En concreto, no que respecta ás bases de cotizacións, hanse regularizar as cotizacións do mes de xuño, coa nómina complementaria dese mes que se executará no mes de xullo entrando no prazo de entrega dos seguros sociais e, por suposto, mantendo as bases de cotización do mes de maio nos supostos descritos no Real Decreto-lei

 

Atentamente.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto