Noticias Persoal Contratacións Publicadas listas definitivas de Medicina de Familia, Enfermaría, Enfermaría do 061 e Matrona
 
 

Publicadas listas definitivas de Medicina de Familia, Enfermaría, Enfermaría do 061 e Matrona

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas 182x91Publícase hoxe no DOG resolución que dá publicidade ás listas definitivas das categorías de médica/o de familia, enfermeira/o, enfermeira/o do 061 e enfermeira/o especialista en obstetricia e xinecoloxía (matrona):

  • Listas definitivas varias categorías (médico/a de familia, enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía). RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

As listas poden consultarse na páxina do SERGAS. A entrada en vigor destas listas é mañá día 20 de maio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto