Noticias Persoal Outras novas Pago da extra, por mandato xudicial, unha vergoña electoralista con colaboradores necesarios
 
 

Pago da extra, por mandato xudicial, unha vergoña electoralista con colaboradores necesarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

                     

Considera que se trata dunha proposta electoralista que a CIG non avala

A CIG non está disposta a asinar un acordo para a devolución de parte da paga extra de 2103 que a Xunta xa está obrigada a aplicar logo de moitas sentenzas

Santiago de Compostela, a 2 de xuño de 2016

Como xa tiña anunciado, a CIG non asinou o acordo coa Xunta de Galiza de pagar a parte devindicada da paga extraordinaria do ano 2013, porque non se trata de ningún dereito a negociar, senón dun dereito recoñecido por múltiples sentenzas xudiciais gañadas pola central sindical, que a Xunta ten a obriga de executar. Para a CIG este acordo non supón mais que unha escusa para o goberno de Feijoo poder realizar outro anuncio electoralista.

A derradeira proposta trasladada por Función Pública aos sindicatos contempla o pago da parte devengada (xaneiro e febreiro) do complemento específico da paga extra de xuño de 2013 durante o ano 2016. Porén, a Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) reitera que non se trata dunha esmola que a Xunta lle regala ás empregadas e empregados públicos en ano de eleccións, senón que se trata dunha parte do salario indebidamente substraído polo Goberno de Núñez Feijoo ao conxunto do seu persoal.

A CIG-Área Pública non asinou o acordo sindical, pois, como xa anunciara, só está disposta a negociar un texto que recolla o pagamento integro do complemento específico e demais complementos dos anos 2013/14/15/16 (tal e como se lle ten proposto á Xunta en innumerábeis ocasión a través dun Plan de renegociación da débeda salarial), a recuperación de dereitos retributivos, laborais e sociais e a restitución de acordos sectoriais. 

Pos iso, volveu reclamar á Xunta de Galiza que cumpra a súa propia Lei de Orzamentos do ano 2013 e pague integramente o que os xulgados están recoñecendo como dereito a percibir: a parte da paga extraordinaria devindicada dos meses de xaneiro e febreiro do ano 2013. Ademais demanda que fagan efectivas as sentenzas gañadas polo persoal e que non está efectivizando a Xunta de Galiza.

Sobre isto, denuncian o carácter electoralista deste acordo, que nin sequera pasou polos órganos de negociación, senón que se presentou en Comisión de Persoal, algo que ao entender da voceira da CIG-Área Pública, Maricarme López Santamariaña, demostra “as presas do goberno de Feijoo por darlle publicidade nos medios”.

As Federación de Ensino, Saúde e Administración Pública consideran unha falta de respecto cara as empregadas e empregados públicos que a Xunta continúe adiando as súas obrigas e teña a ousadía de incluír no texto do acordo un punto que especificamente contempla que a Xunta se “compromete a recuperar na Lei de Orzamentos para 2017 as dúas pagas adicionais do complemento específico ou retribucións equivalentes”.

Un compromiso que López Santamariña lembra xa se anunciara o pasado ano durante a negociación dos orzamentos para 2016, que xa está recollido na propia Lei de Emprego da Xunta, “e que será imposíbel cumprir porque falta por recuperar a parte que temos retrotraída do estado. Que se poña nun acordo algo que está recollido en múltiples disposición parécenos cómico e ridículo”, aseverou.

A CIG tamén rexeita a actitude das organizacións sindicais presentes na mesa xeral que si asinaron este acordo, pois supón avalar as políticas de recorte da Xunta, entrar no xogo propagandístico do PP e asumir os recortes tanto salariais como de dereitos laborais padecidos polo persoal das administracións públicas galegas ao longo destes anos.

A Área Pública da CIG considera que é inaceptábel que se traslade a un acordo que “a sinatura do presente documento non implica para as organizacións sindicais asinantes a renuncia ás demais reivindicacións que poidan formularse ante a Xunta de Galiza”. “O que faltaba! Acaso cabería preguntarse se se ten que pedir permiso á Xunta para reclamar os nosos dereitos ao recollelo nun acordo”.

A este respecto, cómpre lembrar que se a Xunta de Feijoo se ve agora forzada a reintegrar un terzo da paga extra de 2013 non é porque exista vontade política, senón porque se ve obrigada despois de moitas sentenzas gañadas pola CIG que viñan mesmo impoñendo o pago de costas á administración.

A Área Pública de CIG segue pois reclamando as pagas extras completas dos anos 2013/14/15/16; a recuperación de dereitos retributivos, laborais e sociais e recuperación de acordos sectoriais.

Agardando que sexa do voso interese.

Un cordial saúdo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto