Noticias Persoal Outras novas Acordo de pago da Extra, un novo engano
 
 

Acordo de pago da Extra, un novo engano

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

                     

 

A Xunta de Galiza ten que devolver as traballadoras/es públicos a parte proporcional do especifico da extra, dos meses de xaneiro e febreiro de 2013, por mandato xudicial.

CIG-SAÚDE GAÑOU TODAS AS SENTENZAS

que obrigan á Xunta de Galiza a cumprir a súa propia Lei de Orzamentos, e por tanto pagarlle as/os traballadoras/es o que lle foi retirado de xeito ilegal.

AS SENTENZAS XUDICIAIS SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO ATÉ PARA A XUNTA DE GALIZA.

                              Para a súa execución non precisan de ningún acordo sindical.

A Lei de orzamentos do ano 2013 entrou en vigor o 1 de marzo, nesta lei recollíase a retirada do complemento especifico das pagas extras, máis o goberno galego e o Partido Popular sabían que as leis, tal como recolle a Constitución, non se poden aplicar con carácter retroactivo.

Qué fai a Xunta de Galiza, que en vez de cumprir as sentenzas, orquestan un paripé e convocan ás OOSS para darlle forma de acordo sindical. Desde cando o cumprimento das sentenzas necesitan de acordo sindical?

Qué están a facer a Xunta de Galiza e as Organizacións sindicais asinantes deste acordo?

  • Converterse en axentes electorais do Partido Popular, pervertendo os ámbitos de negociación
    • Lexitimar os recortes salariais do específico das extras, e do resto de recortes.

Para intentar lexitimar este acordo recollen, unha vez máis, o que xa recolle a Lei de Emprego de Galiza do ano 2015: Non pensaban cumprir a Lei?

Cuarto.- A Xunta de Galicia comprométese a recuperar na Lei de orzamentos para 2017 as dúas pagas adicionais do complemento específico ou retribucións equivalentes.

Como traballadoras/es valorade o punto 5 do devandito acordo. E reflexionade para que elixides as/os representantes sindicais:

Quinto.- A sinatura do presente documento non implica para as organizacións sindicais asinantes a renuncia ás demais reivindicacións que poidan formularse ante a Xunta de Galicia.

 

A CIG-SAÚDE non necesita da autorización da Administración para facer o noso traballo sindical na defensa dos dereitos das/os traballadores.

Os acordos sindicais son os que se asinan despois dunha negociación.

Os acordos da vergoña o que fan é consolidar os recortes salariais e laborais do Partido Popular.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto