Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas CIG-Saúde exíxelle ao SERGAS que contabilice como tempo de traballo o tempo dedicado a dar o relevo
 
 

CIG-Saúde exíxelle ao SERGAS que contabilice como tempo de traballo o tempo dedicado a dar o relevo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

feijoorecortador dereitos laboraisTempo de traballo é todo o tempo que o/a traballador/a permanece no posto de traballo. No SERGAS, un número importante de traballadoras/es permanecen no seu posto de traballo en cada quenda máis de 20 minutos a maiores das 7 ou 10 h de xornada ordinaria que teñen que realizar.

E por que teñen que estar a maiores este tempo? Porque na sanidade trabállase con persoas, e a comunicación verbal entre as/os profesionais e fundamental para atender a esas persoas. Ao remate da quenda, o persoal dá o relevo á/o compañeira/o que se incorpora, informando de todo o relacionado coas/os doentes dos que se vai facer cargo durante a súa quenda.

Ninguén discute ou cuestiona a necesidade da comunicación verbal entre o persoal para que non se perda ningunha información sobre as/os doentes, sobre todo dos/as doentes hospitalizados/as nas unidades de maior complexidade. E que fai o SERGAS? Coma sempre, négase a recoñecer este tempo coma xornada realizada, penalizando ao persoal das unidades de maior complexidade a realizar un incremento de xornada non recoñecida como xornada efectiva realizada.

CIG-SAÚDE ven exixindo do SERGAS que este tema se aborde na Mesa Sectorial do SERGAS, que se cree unha comisión de traballo para analizar esta situación, e buscar as formulas de compensación desta xornada.

A Administración sanitaria non pode seguir roubando tempo ás/aos traballadoras/es sen ningunha compensación.

CIG-SAÚDE exixe de inmediato que se aborde este tema na Mesa Sectorial. Cabe subliñar que noutros ámbitos da Administración Galega, ás/aos traballadoras/es compútaselles, coma xornada efectiva, 10 minutos diarios, que é o tempo que calculan que tardan en ter acceso á rede informática, e tamén que noutras CCAA xa hai sentenzas que obrigan á Administración a contabilizar o tempo do relevo como xornada efectiva .

O persoal do SERGAS ten dereito a que o tempo que dedica á atención sanitaria, é dicir, ao seu traballo, se teña en conta como xornada laboral.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto