Noticias Outras novas Outras novas Manifestación nacional en defensa do emprego, da galeguidade e do carácter social das Caixas
 
 

Manifestación nacional en defensa do emprego, da galeguidade e do carácter social das Caixas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cartel-caixasA Confederación Intersindical Galega vai desenvolver este venres, día 4 de decembro, unha manifestación de delegados e delegadas baixo o lema “Por unhas caixas galegas ao servizo do país”, que sairá ás 12:00 horas, da Alameda compostelá. Con esta mobilización a CIG quere manifestar a súa defensa do carácter galego destas entidades, da súa función social e contra calquera intento de privatización, alén de reiterar a súa aposta por un cambio de modelo de xestión que as vincule aos sectores económicos estratéxicos deste país.

 

A pesar da aposta realizada pola Xunta de Galiza a respecto de garantir a galeguidade de Caixa Galicia e Caixanova pola vía da fusión das mesmas, a CIG ten advertido que este proceso nos está pechado e moitas son as decisión que restan por tomar. Por isto, a central mantén a convocatoria da manifestación nacional de delegados e delegadas deste venres 4 de decembro en Compostela, co obxecto de esixir garantías en todo o proceso de fusión, reclamar aos Consellos Administración que aclaren a súa posición a respecto do mantemento do carácter galego das entidades así como dos centros de decisión en Galiza, e solicitar un pulo no debate no Parlamento da Lei de Caixas.

Dende a CIG deféndese o carácter galego das caixas, entendido como unha aposta por un cambio de modelo de xestión que as vincule aos sectores económicos estratéxicos deste País e deféndese o seu carácter social fronte calquera intento de privatización. O sector financeiro é estratéxico para calquera economía, por iso a central defende a existencia dunha Banca Pública e, na súa ausencia, o mantemento baixo control público das únicas entidades galegas: as caixas de aforros.

 

Porén a decisión adoptada pola Xunta sobre Caixanova e Caixa Galicia, aínda queda pendente outra cuestión de vital relevancia para o futuro das caixas de aforros e do País: o debate sobre a nova lei de caixas no Parlamento galego. Este debate será fundamental para coñecer os posicionamentos de todas as forzas políticas respecto de temas determinantes como son a composición dos Consellos de Administración (cuxa composición deberá ser realmente representativa das forzas sociais e políticas da sociedade galega); a garantía de veto da Xunta ante calquera proceso, presente ou futuro, de fusión ou constitución de SIP; e a garantía da xestión dos recursos controlados polas caixas en función das necesidades do tecido produtivo de Galiza e non atendendo a criterios e intereses especulativos, tal e como aconteceu nos últimos tempos.

 

O venres 4 de decembro, ás 12:00 horas, dende a Alameda de Compostela

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto