Noticias Persoal Outras novas Esta Carreira, hai que correla!!!
 
 

Esta Carreira, hai que correla!!!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde o ano 2005 un dos obxectivos prioritarios para a CIG-SAÚDE é exixir ao SERGAS a continuidade e actualización do acordo de Carreira Profesional no réxime extraordinario, e a negociación do réxime ordinario de Carreira Profesional para todas as categorías e vínculos laborais.

No ano 2007 as mobilizacións do persoal do SERGAS, con 3 días de convocatoria de folga, fixeron posible acadar un réxime extraordinario de carreira para todas as categorías profesionais.

No ano 2009 o goberno do PP suspendeu todos os acordos retributivos coa escusa da crise e a falta de diñeiro. O que están a dicir os autos xudiciais é que non faltan cartos, senón que sobran ladróns.correndodef

Desde o 2009 o SERGAS e a Consellaría de Sanidade néganse a falar da Carreira Profesional, primeiro dicían que non había cartos, despois que non estaba recollida na Función Pública Galega. Mais agora que seica hai recuperación económica e a Lei de Emprego de Galiza de maio do 2015 recolle a Carreira Profesional para todas/os as/os traballadoras/es públicas/os, seguimos igual. A propia Lei de Emprego de Galiza recolle que o persoal estatutario seguirá a rexerse pola súa norma. E o SERGAS ten esquecido que a Carreira Profesional esta recollida no Estatuto Marco, coma parte das retribucións, desde o ano 2003.

Toca xa falar de Carreira Profesional para todas e todos, sen máis dilacións nin escusas. Pero esta Administración non nolo vai pór doado. Só temos que lembrar que a paga extra, por mandato xudicial, estánnola a devolver en 6/7 cómodos prazos, en máis dunha anualidade, transmitindo a imaxe á opinión pública de que cobramos por riba do resto, cada mes un salario e unha extra.

Non consintas que sigan a xogar co teu salario, infórmate, participa, mobilízate. As redes sociais están ben para compartir información, mais as conquistas de dereitos conséguense coa implicación e a mobilización.

ANO 2017, ANO XUBILAR DA CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL ESTATUTARIO

NEGOCIACIÓN XA, SEN MÁIS DILACIÓN

OS ORZAMENTOS DO ANO 2017 DEBEN RECOLLER A RETRIBUCIÓN DA CARREIRA PROFESIONAL

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto