Noticias Persoal Contratacións Información Comisión Central de Seguimento do Pacto
 
 

Información Comisión Central de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN SOBRE TEMAS TRATADOS NA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DO 21 DE XUÑO DE 2016

cig informa

SOLICITUDE DA EOXI DE VIGO DE AMPLIACIÓN DAS LISTAS DE CURTA DURACIÓN (POOL) DE ENFERMARÍA E TCAE.

Este punto foi un despropósito total e absoluto. En Vigo, a Xerencia está a usar o Pool para todo tipo de contratos e da forma máis espúrea, mesmo chegando a renovar os contratos de 4 días. En decembro xa pediron aumento de efectivos Pool (que aprobou a Admón. unilateralmente) e agora queren volver aumentar. De aquí a pouco, todas as listas de Vigo serán Pool. A Admón. leu un informe da EOXI de Vigo dicindo que a ampliación do nº de titulares das listas de curta duración fora tratado e acordado na Comisión de Centro de Vigo. Como CIG-Saúde deixamos claro que non houbo tal tratamento nin por suposto acordo ningún, que a EOXI de Vigo se limitou a informar de que estaba enviada a proposta, e aportámoslle a Acta da Comisión de Centro onde a Admón. recollía o que nós estabamos a denunciar. Todas as OOSS rexeitamos rotundamente o incremento no nº de titulares porque se está a facer un uso abusivo do Pool. Novamente, a Admón. aprobou unilateralmente dita ampliación.

®     OUTRAS CUESTIÓNS TRATADAS.

  • Dende CIG-Saúde denunciamos o que se está a facer en Vigo cos/as aspirantes que teñen informes da UPRL con limitacións, aos que non se lles ofertan contratos. Hai unha sentenza do TSXG dándolle a razón a unha traballadora. Quedaron en que solicitarían informe á EOXI de Vigo sobre este tema.
  • Dende CIG-Saúde denunciamos que os aspirantes que están a facer formación práctica específica non dispoñían de seguro de accidentes. A Admón. informa que a partir de agora haberá unha póliza de seguros que cubrirá todas estas situacións.
  • Dende CIG-Saúde denunciamos que as/os interinas/os que resultan adxudicatarias dunha praza de residente, a un/has se lles permite a reserva da interinidade cunha situación especial en activo, e outras/os teñen que renunciar á interinidade. Solicitamos que se estableza un criterio único. A Admón entende que non é competencia da Comisión Central a adopción de dito criterio, e trasladaranllo á Directora de RRHH.
  • Dende CIG-Saúde facemos varias propostas de mellora da visualización das listas e do FIDES:

- Que nas listas se desglose a puntuación de experiencia e a de permanencia no pool.

- Que no FIDES no apartado de formación se desglose a formación específica da xenérica que nalgunha categoría está topeada en 4 puntos.

- Que no FIDES no apartado de Investigación se inclúa a área temática de Enfermaría.

®     OUTRAS INFORMACIÓNS

  • Está previsto que se publique o Pacto de contratacións 2016 na última semana de xuño.
  • Inda que non o informaron na reunión, soubemos que no mes de xullo pensan publicar as listas provisionais de baremación da OPE de médico/a de familia e enfermaría.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto