Noticias Persoal Contratacións Publicado o novo Pacto de Contratacións
 
 

Publicado o novo Pacto de Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importantePublícase hoxe no DOG o Pacto de Contratacións 2016:

  • Publicación Pacto de Contratacións. RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CESM-O´MEGA, CC.OO., UGT e CSIF, sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia. Descargar PDF

Este pacto entra en vigor dentro de 20 días, é dicir, o vindeiro día 20 de xullo. As listas de contratación que actualmente están en vigor ou en trámite de actualización por pactos anteriores continúan rexéndose polos mesmos ata a nova actualización prevista para outubro, cando xa se regularán conforme ao estabelecido no pacto publicado hoxe. Como excepción, a partir do 20 de xullo aplicarase a todas as listas o réxime de suspensión voluntaria de chamamentos, independentemente de que continúen rexéndose por un pacto anterior.

IMPORTANTE: As persoas que así o desexen, teñen ata o 31 de outubro para adaptar as súas inscricións á normativa que recolle o novo pacto. Isto é:

Incompatibilidade listas pool e área especial: As persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas en lista/s de área especial e curta duración poderán optar no prazo anteriormente indicado por unha destas opcións. Na falta de opción expresa, entenderase que solicitan o mantemento da inscrición na/s lista/s de área especial en que constan admitidas.

Elección de área para listas de ámbito autonómico. As persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas nunha lista de ámbito autonómico, excepto a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, poderán, desde a entrada en vigor deste pacto ata o 31 de outubro próximo, seleccionar no formulario electrónico de inscrición (Fides/expedient-e) a área/s sanitaria de opción preferente para a prestación de servizos. Na falta de opción, entenderase que opta por calquera delas.

Promoción Interna. Así mesmo, as persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas nunha lista, polo sistema de promoción profesional temporal, poderán modificar a área sanitaria de inscrición, seleccionando calquera das relacionadas no formulario electrónico de participación.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto