Noticias Persoal OPE Publicado cadro de respostas definitivo e puntuacións provisionais da fase de oposición da OPE 2014
 
 

Publicado cadro de respostas definitivo e puntuacións provisionais da fase de oposición da OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG a Resolución que dá publicidade ao cadro de respostas definitivo e á baremación provisional da OPE 2014 + OPE 2015 (categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, técnico/a superior en Hixiene Bucodental, técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico, técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, técnico/a superior en Radioterapia, técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría e técnico/a en Farmacia):

  • RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado por Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

O cadro de respostas e a lista de puntuacións provisionais poden verse na web do SERGAS (no caso de Técnica/o de Farmacia nestoutra ligazón).

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida. A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e deberá dirixirse á sede do tribunal a efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto