Noticias Persoal Contratacións Listas de contratación definitivas de varias categorías
 
 

Listas de contratación definitivas de varias categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas 182x91Publícanse hoxe no DOG as resolucións que dan publicidade ás listas definitivas de contratación de varias categorías:

  • Listas de contratación definitivas varias categorías (calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a). RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías de persoal de xestión e servizos. Descargar PDF
  • Listas de contratación definitivas condutor/a. RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de condutor/a. Descargar PDF
  • Listas de contratación definitivas PSX. RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de persoal de servizos xerais. Descargar PDF

Estas listas entran en vigor a partir de mañá, é dicir, a partir de mañá empezarán a chamar pola orde estabelecida nestas listas.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir de mañá, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Para ver as listas, ir á páxina do SERGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto