Noticias Persoal Outras novas A CIG-Saúde exixe que o decreto que regula o persoal investigador o estabilice como persoal estatutario
 
 

A CIG-Saúde exixe que o decreto que regula o persoal investigador o estabilice como persoal estatutario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig-globoPeA CIG-Saúde ven de remitir as alegacións ao texto entregado na pasada Mesa Sectorial, proxecto de decreto que regula o rexime de contratación do persoal investigador.  Este proxecto de decreto é unha versión mellorada do borrador  anterior que, con todo, non resolve o problema fundamental da estabilidade dos investigadores.

O problema fundamental mantense: os contratos son por 5 anos e asociados a un proxecto específico de investigación. Déixase aberta a porta ás renovacións pero condicionadas a que o proxecto de investigación teña unha duración maior ou a que se concedan prórrogas. Por tanto, trátase de evitar con este Decreto que os/as traballadores/as xeren dereitos de continuidade. Ademais, preténdese que o persoal investigador estea toda a súa vida laboral pendente da próxima avaliación. Avaliacións que se repiten cada ano e de forma presencial. Este tratamento tan abusivo dos/as traballadores/as non ten precedente na Administración galega. Non só é inxusto, senón que é excesivo e innecesario mesmo desde o punto de vista da Administración. Como xa se sinalou nas alegacións previas, é moi improbable que haxa cambios significativos na produtividade dun investigador nun prazo tan curto.

Desde CIG-SAÚDE reiteramos a exixencia de creación da categoría de persoal investigador coma persoal estatutario, réxime xurídico do SERGAS, como así recolle a 8/2008, de Saúde de Galicia. Unha vez creada a categoría, no seu ámbito de representación e negociación, determinaríanse as bases que deberán rexer o proceso de selección definitiva.

Unha Administración cuxo obxectivo fose a garantía do benestar social, non estaría a deixar no esquecemento, nin tería a menor dúbida en estabilizar no seu posto de traballo, ao persoal que día a día fai posíbel que a investigación biomédica no SERGAS estea no máximo nivel.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto