Noticias Persoal Contratacións Información importante para persoas inscritas nas listas de contratación do SERGAS
 
 

Información importante para persoas inscritas nas listas de contratación do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importanteLogo da publicación do novo Pacto de Contratacións, hai certas cuestións que se modificaron e que empezarán a funcionar coas listas que se actualicen a partir de outubro. Por este motivo é importante que as persoas inscritas ou que se vaian inscribir teñan en conta estes cambios e modifiquen as súas inscricións se así o consideran.

As persoas que así o desexen, teñen ata o 31 de outubro para adaptar as súas inscricións á normativa que recolle o novo pacto. Isto é:

  • Incompatibilidade listas pool e área especial: As persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas en lista/s de área especial e curta duración poderán optar no prazo anteriormente indicado por unha destas opcións. Na falta de opción expresa, entenderase que solicitan o mantemento da inscrición na/s lista/s de área especial en que constan admitidas.
  • Elección de área para listas de ámbito autonómico. As persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas nunha lista de ámbito autonómico, excepto a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, poderán ata o 31 de outubro próximo, seleccionar no formulario electrónico de inscrición (Fides/expedient-e) a área/s sanitaria de opción preferente para a prestación de servizos. Na falta de opción, entenderase que opta por calquera delas.
  • Promoción Interna. Así mesmo, as persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas nunha lista, polo sistema de promoción profesional temporal, poderán modificar a área sanitaria de inscrición, seleccionando calquera das relacionadas no formulario electrónico de participación.

Para máis información, pasa polo local da CIG-Saúde

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto