Noticias Persoal Outras novas A CIG-Saúde pon en marcha unha campaña pola “recuperación dos dereitos roubados”
 
 

A CIG-Saúde pon en marcha unha campaña pola “recuperación dos dereitos roubados”

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Pide a negociación dun Plan Plurianual no Sergas
 
A CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña en demanda de que as traballadoras e traballadores da sanidade pública galega recuperen os seus dereitos “roubados”. Subliña que o novo goberno galego que saia das eleccións do 25 de setembro debe afrontar os problemas da Sanidade Pública e das/os traballadoras/es do SERGAS con transparencia na xestión, priorizando os intereses públicos e eliminando o concepto de que “a sanidade é un negocio”.
2015 10 13 ProtestaAlvaroCunqueiroFolgaSanidadeVigo14A CIG-Saúde sinala que a sanidade pública e as traballadoras e traballadores que nela prestan os seus servizos “necesitan dun goberno que atenda as necesidades da poboación e do seu persoal”.

Por iso aposta por que iso se concrete mediante a negociación dun Plan Plurianual que posibilite a recuperación dunha sanidade pública sen recortes e sen privatizacións, en paralelo coa recuperación dos dereitos do seu persoal.

Respecto das prioridades para a sanidade pública galega salienta entre as súas principais demandas: a recuperación do hospital de Vigo; o Plan Mellora de Atención Primaria; o Plan galego de Saúde Mental e Drogodependencias; o Plan Integral da Saúde da Muller; a eliminación dos copagos e privatizacións; a constitución dos Consellos de Saúde da Área e a eliminación de Galaria e das Axencias.

Canto aos dereitos das traballadoras e dos traballadores, reclama un plan de emprego; carreira profesional; recuperación do acordo retributivo 2008-2012; recuperación do 100% do salario en I.T; negociación dun acordo de permisos e licenzas; a xornada de 35 horas e estabilidade do persoal investigador.

A noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto