Noticias Persoal Outras novas A CIG-Saúde exixe ao SERGAS a negociación do Cadro de Persoal
 
 

A CIG-Saúde exixe ao SERGAS a negociación do Cadro de Persoal

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
20160914 Cadro de persoalOs orzamentos do SERGAS para o ano 2017 teñen que recoller no cadro de persoal como prazas vacantes todas as prazas con vínculo de servizos determinados e todas as prazas estruturais cubertas con vínculos de acúmulos de tarefas de duración superior a un ano. As prazas que levan máis dun ano cubertas por este tipo de contratos son prazas estruturais, non son necesidades puntuais, e, polo tanto, deberían ser cubertas como vacantes por unha interinidade.

A actual política de persoal do SERGAS está encamiñada á destrución de emprego público, polo que en vez de normalizar o seu cadro de persoal, seguen a manter a precariedade laboral.

Malia que a Lei de Emprego de Galiza, publicada en maio de 2015, recolle no seu artigo 39 a figura do “cadro de persoal estatutario”, que deberá ser público, e indica que, cando menos, debería conter de cada praza o código alfanumérico, a denominación e a natureza xurídica, a clasificación profesional, e o sistema de provisión, a día de hoxe seguimos sen ter “cadro de persoal” no SERGAS.

Esta ferramenta de ordenación de persoal, é a que desde a CIG-SAÚDE vimos demandando ao SERGAS que faga pública. Que se negocie na Mesa Sectorial, e con toda esa información poder determinar cales son as necesidades reais de persoal no SERGAS.

Esta ferramenta permitiría que o 100% das necesidades reais se cubrise como vacante, e con posterioridade se convocase a concurso de traslados e OPE.

De non mudar esta situación, o SERGAS está a perpetuar as precarias condicións das contratacións que se traducen en:

  • Para os/as profesionais: a formalización de sucesivos vínculos, sen dereitos laborais, provocando desmotivación, incerteza para os proxectos persoais e dificultade en conciliar a vida laboral e familiar. Obriga de emigrar.
  • Para a Administración sanitaria: a dificultade de captar e reter profesionais nun mercado competitivo.
  • Para os/as usuarios/as da Sanidade: a perda de calidade na asistencia debido ao aumento de cargas de traballo, frustración e desmotivación do persoal…

 Os orzamentos do SERGAS para o ano 2017

teñen que consolidar emprego e rematar coa precariedade laboral


Negociación do cadro de persoal do SERGAS XA!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto