Noticias Persoal Contratacións Publicadas listas de contratación definitivas de varias categorías
 
 

Publicadas listas de contratación definitivas de varias categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Publicada resolución que dá publicidade ás listas definitivas de selección temporal, derivadas do proceso de actualización das seguintes categorías sanitarias: facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico/a de atención primaria, facultativo/a especialista de área de Medicina de Traballo, odontólogo/a de atención primaria, médico/a coordinador/a do 061, médico/a asistencial do 061, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

  • Listas de contratación definitivas varias categorías. RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Descargar PDF

As listas publicadas entran en vigor mañá día 16 de setembro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto