Noticias Persoal Formación Continúan os recortes: menos prazas de formación sanitaria na Galiza
 
 

Continúan os recortes: menos prazas de formación sanitaria na Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

examen-mirAntonte publicábase no BOE a oferta de prazas de formación para especialidades sanitarias (MIR, EIR, FIR, PIR,...) e atopámonos coa sorpresa de que, malia os numerosos anuncios que os gobernos do PP nos veñen facendo de que xa saímos da crise, a oferta de formación sanitaria na Galiza non só non aumentou, senón que se viu diminuída.

Así, a oferta global no Estado viuse aumentada nun 3,7%, 230 prazas máis que o ano pasado, ofertándose en todo o Estado 7.772 prazas de formación. Mais, como non podía ser doutro xeito, o reparto que se fai desas prazas prexudica unha vez máis a Galiza. Sen que saibamos o criterio que se seguiu (inda que ben podemos intuilo), no reparto de prazas Galiza foi a máis prexudicada, ao convocárense 376 prazas e perdendo cinco con respecto ás 381 convocadas o ano pasado, malia o incremento global de 230 prazas no Estado, que, obviamente, foron parar a outros territorios.

Isto é indicativo de que, unha vez máis, Galiza no conta para os gobernos centrais. Galiza non ten ningún peso específico para os gobernos do PP, porque nin sequera estando en plena campaña electoral e estando en liza a maioría absoluta do PP na Galiza, teñen en conta a necesidade de profesionais sanitarios especialistas que ten a sanidade na Galiza, nomeadamente a Sanidade Pública.

Desde a CIG-Saúde continuaremos pelexando polo incremento de prazas de formación de especialistas que dea resposta ás necesidades reais da sanidade. Mentres, o día 25 de setembro temos unha nova oportunidade para ir conseguindo avances e rematar cos recortes e privatizacións da Sanidade Pública.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto