Noticias Persoal Contratacións Sobre a sentenza do Tribunal Europeo que declara ilegal a concatenación de contratos temporais
 
 

Sobre a sentenza do Tribunal Europeo que declara ilegal a concatenación de contratos temporais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

100 7780p

Estes días fíxose pública unha sentenza da EU sobre a sucesión de contratos para cubrir prazas estruturais. O que sentenza a EU é que esta situación vulnera a normativa europea.

A sentenza da EU é unha resposta ao xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 de Madrid, tras a denuncia presentada neste xulgado, no ano 2013, por unha enfermeira que ten sucesivos contratos para cubrir postos estruturais e foi cesada. O devandito xulgado de Madrid solicitou ao tribunal europeo que se pronunciase sobre se a norma española que permite a renovación destes contratos é contraria ao “Acordo Marco sobre o traballo de duración determinada”, pois o xulgado ten dúbidas sobre as razóns obxectivas que poidan xustificar estes nomeamentos.

Que di a sentenza?

O tribunal europeo lembra que o acordo marco impón aos estados membro regular na súa normativa, para previr os abusos, a utilización sucesiva de contratos temporais:

  • Razóns obxectivas que xustifiquen a renovación de tales contratos.
  • Duración máxima dos contratos de traballo temporal.
  • Número de renovacións.

A norma española non recolle nada disto, e xera unha situación de precariedade que a reclamante non é a única en sufrir. Polo que a sentenza conclúe que “a norma española permite a renovación de contratos de duración determinada para cubrir necesidades permanentes e estables”, malia existir un déficit estrutural de postos de traballo, e infrinxe o Acordo Marco.

  Que vai pasar agora?

Que o xulgado de Madrid, en base á sentenza da UE, ten que ditar a súa sentenza definitiva na que lle recoñecerá, ou non, a esta traballadora un cesamento indebido, e a ver se a declara indefinida non fixa, que no noso sector sería un contrato de interinidade.

 

Esta sentenza reforza o posicionamento da CIG sobre a necesidade de que dunha vez por todas se elimine a taxa de reposición, e o SERGAS negocie en Mesa Sectorial, tal e como vimos demandando desde hai tempo, un Plan de Emprego, para que todas as prazas estruturais actualmente cubertas con contratos temporais pasen a ser prazas de interinidade e sexan cubertas respectando o Pacto de Contratacións. Unha vez convertidas en vacantes todas as prazas estruturais cubertas con persoal eventual, estas ofertaríanse a traslados e OPE para rematar coa precariedade laboral no SERGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto