Noticias Sanidade Privada Novas sobre a Sanidade Privada O persoal da sanidade privada concéntrase diante da Rosaleda en demanda dun convenio digno
 
 

O persoal da sanidade privada concéntrase diante da Rosaleda en demanda dun convenio digno

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Teñen previstas novas mobilizacións o día 3 de outubro no Hospital Modelo, na Coruña e o 17 no Juan Cardona de Ferrol
Persoal da sanidade privada concentrouse este mércores diante do hospital da Rosaleda, en Compostela, en demanda de que a patronal sente a negociar “un convenio xusto”. As traballadoras e traballadores desprazáronse desde alí en manifestación até o Parlamento de Galiza onde deron por finalizada a xornada de mobilización.

IMG-20160921-WA0003A patronal da sanidade privada sentouse a negociar un convenio colectivo, pero segundo denuncian, a súa proposta inicial “xa descartaba calquera modificación ou mellora das condicións laborais reguladas polo mesmo”.

A isto engaden que xunto a isto, a patronal demandaba unha vixencia do convenio de tres anos, “hipotecando as condicións laborais dos traballadores  e traballadoras durante este tempo”.

Aseguran que transcorridos “meses e meses” a patronal segue a rexeitar calquera iniciativa que supoña un avance nas condicións de traballo, pretendendo manter ás traballadoras  e traballadores “sen ningunha mellora nin laboral nin salarial durante o máximo tempo posíbel”.

Denuncian ademais que a patronal”obstaculiza a negociación” do convenio colectivo, “ao negarse unha e outra vez a mover as súas posicións, falseando o proceso e converténdoo nun paripé”.

Por iso anuncian que continuarán coas mobilizacións até conseguir un cambio de actitude da patronal e que haxa unha negociación real.

As próximas concentracións serán:

-    Día 3 de outubro, ás 12 horas, concentración no Hospital Modelo da Coruña.

-    Día 17 de outubro, ás 12 horas, concentración no Hospital Juan Cardona de Ferrol.

De igual xeito, as centrais sindicais entenden que a Consellería de Sanidade tamén debería comprometerse neste proceso “instando a patronal a unha negociación real, posto que cando a Consellería concerta servizos sanitarios públicos cos centros sanitarios privados, tamén asume  as responsabilidades políticas que deriven das condicións laborais ás que se somete ao persoal destes centros”.

A noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto