Noticias Persoal Outras novas Sobre as sentenzas da UE e a reacción que agardamos do SERGAS
 
 

Sobre as sentenzas da UE e a reacción que agardamos do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

SENTENZAS UNIÓN EUROPEA:

OUTRA POLÍTICA DE PERSOAL É POSIBLE NO SERGAS

SÓ É CUESTIÓN DE VONTADE POLÍTICA

 

A sentenza da Unión Europea sobre a ilegalidade de cubrir prazas estruturais (prazas vacantes) con persoal eventual ao que se lles formaliza múltiples vínculos, ven ratificar as denuncias que desde CIG-SAÚDE vimos realizando desde o ano 2009, declarando que o uso continuado de nomeamentos eventuais por servizos determinados ten carácter fraudulento por teren os postos ocupados carácter estrutural.

A CIG-SAÚDE , ano tras ano, ven denunciando que o goberno do PP utiliza a taxa de reposición para eliminar postos de traballo na Sanidade Pública, destruír emprego estable e aumentar a precariedade.

Reiteradamente vimos demandando a negociación, na Mesa Sectorial, dun Plan de Emprego, que permita identificar todas as prazas vacantes cubertas con persoal eventual, e ofertalas coma interinidades segundo o pacto de contratacións do SERGAS.

Agora, motivado pola sentenza da Unión Europea, e pola presión sindical, o SERGAS vai convocar unha reunión para abordar esta situación.

Se na reunión que se vai realizar o día 7 de outubro, o SERGAS non presenta un Plan de Emprego que normalice esta situación, a CIG-SAÚDE iniciará unha campaña de mobilizacións para que as prazas vacantes sexan ofertadas polos principios de igualdade, mérito e capacidade.

O dereito preferente a unha praza vacante o conseguen as/os traballadoras/es co seu esforzo de ter superado máis dun proceso selectivo, cos anos de servizos prestados e coa súa formación que incrementa o valor do traballo. Por iso, o SERGAS ten que poñer en marcha xa un Plan de Emprego que regularice a actual situación.

 

INFÓRMATE. MOBILÍZATE. DEFENDE O TEU DEREITO.

A Administración non pode esmagar o teu esforzo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto