Noticias Persoal Contratacións Información importante para persoas inscritas nas listas de contratación do SERGAS
 
 

Información importante para persoas inscritas nas listas de contratación do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante webLogo da publicación do novo Pacto de Contratacións, hai certas cuestións que se modificaron e que empezarán a funcionar coas listas que se actualicen a partir de outubro. Por este motivo é importante que as persoas inscritas ou que se vaian inscribir teñan en conta estes cambios e modifiquen as súas inscricións se así o consideran.

As persoas que así o desexen, teñen ata o 31 de outubro para adaptar as súas inscricións á normativa que recolle o novo pacto. Isto é:

  • Incompatibilidade listas pool e área especial: As persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas en lista/s de área especial e curta duración poderán optar no prazo anteriormente indicado por unha destas opcións. Na falta de opción expresa, entenderase que solicitan o mantemento da inscrición na/s lista/s de área especial en que constan admitidas.
  • Elección de área para listas de ámbito autonómico. As persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas nunha lista de ámbito autonómico, excepto a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, poderán ata o 31 de outubro próximo, seleccionar no formulario electrónico de inscrición (Fides/expedient-e) a área/s sanitaria de opción preferente para a prestación de servizos. Na falta de opción, entenderase que opta por calquera delas.
  • Promoción Interna. Así mesmo, as persoas aspirantes que, ao abeiro do Pacto de 26 de abril de 2011, figurasen admitidas nunha lista, polo sistema de promoción profesional temporal, poderán modificar a área sanitaria de inscrición, seleccionando calquera das relacionadas no formulario electrónico de participación.

Para máis información, pasa polo local da CIG-Saúde

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto