Noticias Persoal Contratacións Resumo da reunión mantida hoxe con RRHH do SERGAS sobre as sentenzas UE
 
 

Resumo da reunión mantida hoxe con RRHH do SERGAS sobre as sentenzas UE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

fotosergasVimos de ter a reunión co SERGAS que as OOSS tiñamos solicitada dende o 26 de setembro. O motivo da reunión era insistir na necesidade de que na Mesa Sectorial se negociase un Plan de Emprego que posibilitara que todas as prazas estruturais cubertas mediante sucesión de contratos eventuais se declarasen prazas vacantes e se cubriran por rigoroso orde de prelación das listas de contratacións. É dicir, que o SERGAS rematase coa precariedade laboral, que ordenase o cadro de persoal, e non que deixe isto en mans das/os xuízas/es.

Lonxe disto, o SERGAS nesta reunión pediunos que tranquilizásemos ao persoal, e que cando se constituía o goberno, despois do día 21, xa falaremos. Pedíronnos confianza, para que? Para seguir aplicando as políticas de persoal que veñen aplicando desde o ano 2009?

Na reunión insistímoslle en que, se non podían acadar un acordo coas OOSS na mesa sectorial até despois do día 21 de outubro, nada impedía que neste ámbito puideramos falar do tema. É dicir, que o SERGAS nos presentase un documento coas prazas estruturais que hai nos centros, e que non están cubertas con interinidades, aínda que o acordo de Mesa Sectorial fose asinado despois do 21 de outubro. Negáronse rotundamente, non imos falar nin hoxe, nin na próxima semana.

Outra mentira do PP, non só se paraliza o goberno, senón que acontece algo máis grave, está paralizada a Administración Autonómica.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto