Noticias Persoal Outras novas CIG-Saúde, SATSE, CSIF e UGT exixen ao Sergas que ordene o cadro de persoal e non derive a responsabilidade aos xulgados
 
 

CIG-Saúde, SATSE, CSIF e UGT exixen ao Sergas que ordene o cadro de persoal e non derive a responsabilidade aos xulgados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Convocan concentracións nos centros de traballo para o vindeiro xoves día 20 de outubro
Representantes das organizacións con representación na Mesa Sectorial CIG-Saúde, UGT, SATSE e CSI-F, compareceron este luns en rolda de prensa para denunciar o carácter fraudulento das contratacións sucesivas de persoal para cubrir prazas estruturais  no SERGAS e demandar a súa cobertura atendendo á legalidade vixente no pacto de contratación.
16-10-10 RP Mesa sectorial SERGAS

María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde, explicou que no Servizo Galego de Saúde xa existen sentenzas nas que se recoñece o carácter fraudulento da contratación e declaran a condición de persoal interino do/a profesional denunciante.

Xunto a isto lembrou que as organizacións sindicais veñen demandando desde o ano 2010 que todas as prazas estruturais se cubran con persoal interino procedente das listas de contratación e atendendo ao criterio de prelación. “A xente está ordenada nesta lista por ter superado máis dun proceso selectivo sen acadar praza; por acreditar moitos anos de experiencia profesional e pola súa formación, que engade valor ao traballo”.

Segundo Abuín a normativa laboral vixente no SERGAS é precisamente a que establece que se sigan estes criterios nos procesos de contratación. Porén, denuncia que o seu incumprimento está a levar a moitas/los profesionais a denunciar a súa situación laboral irregular.

Diante disto, Abuín considerou que ten que ser o SERGAS quen orden o cadro de persoal segundo vén recollido no Estatuto Marco e na Lei de Emprego de Galiza e non os xulgados. Por iso reclamaron a inmediata convocatoria da Mesa Sectorial ao entender que a administración non se pode paralizar malia estar o goberno en funcións. “Non estamos falando de lexislar nin pactar nada novo, senón de cumprir a lei e aplicar as normas que xa existen”.

Os sindicatos denunciaron que “ao SERGAS inhibirse das súas responsabilidades está propiciando o enfrontamento das e dos profesionais creando un clima laboral hostil” e aseguraron que “é moi importante garantir a estabilidade das traballadoras e traballadores do sistema sanitario público galego porque isto beneficia a calidade asistencial”.

Neste sentido, Abuín alertou das dificultades que engade en ámbitos como primaria ou especializada a constante rotación e mobilidade do persoal.

A noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto