Noticias Persoal Contratacións Pola negociación do Cadro de Persoal na Mesa Sectorial do SERGAS
 
 

Pola negociación do Cadro de Persoal na Mesa Sectorial do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde a CIG-SAÚDE, mediante este cadro-resumo sobre o persoal, e utilizando os datos publicados polo SERGAS no Diario Oficial de Galiza (DOG) referentes ás xubilacións no período 2010-2016, e as prazas consolidadas a través da Ofertas Públicas de Emprego (OPE), podemos demostrar que no SERGAS hai 2.652 prazas vacantes, prazas que pola política de opacidade do SERGAS non sabemos como están cubertas: cales delas son interinas/os, cales son obras e servizo, e cales están cubertas cunha rotación permanente de contratos eventuais.

Mais estas non son todas as prazas vacantes no SERGAS, pois existen contratos irregulares anteriores ao 2010.

Desde a CIG-SAÚDE esiximos que de inmediato se convoque a Mesa Sectorial do SERGAS, e que a Administración convirta en interinidades todas prazas vacantes, as 2.652 producidas desde 2010, e as vacantes anteriores a esta data, para despois convocalas a traslados e OPE.

A calidade asistencial mellórase coa estabilidade do persoal, a rotación de persoal dificulta a asistencia.

20161013 Cadro de persoal 2016

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto