Noticias Persoal Contratacións Concentracións para que o SERGAS estabilice plantillas
 
 

Concentracións para que o SERGAS estabilice plantillas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

unnamed

 

Esixen ao SERGAS que deixe de contratar en fraude de lei

 

Demandan unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para que informe dos datos relativos a eventualidade e do posicionamento que manteña no Consello Interterritorial

 

O Servizo Galego de Saúde debe abandonar o sistema de contratacións “en fraude de lei” e estabilizar o cadro de persoal. Así o demanron as centrais sindicais que hoxe se concentraban nos hospitais galegos en prol do emprego estábel e de calidade na sanidade pública. Mobilizacións nas que anunciaron unha nova concentración diante do SERGAS o día 18 de outubro e a solicitude dunha reunión co conselleiro de Sanidade para a vindeira semana.

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, que participou na concentración convocada á entrada do Hospital Clínico de Santiago, explicou que para o vindeiro 25 de outubro está anunciada a convocatoria dunha xuntanza do Consello Interterritorial de Sanidade onde se analizará a eventualidade que hai no sistema sanitario público.

Por iso, “exixiu do SERGAS que informe do que alí se acorde e do posicionamento que leve a consellaría de Sanidade, así como dos datos de cadro de persoal pendente de estabilizar”. Unha información que considerou que debería ser posta en coñecemento da Mesa Sectorial xa antes desa xuntanza.

Oferta pública de emprego que estabilice as vacantes “cubertas de xeito irregular”

Precisamente esa eventualidade que será analizada no Consello Interterritorial de Sanidade  e a denuncia da cobertura irregular das vacantes á que adoita recorrer o SERGAS eran as razón polas que se convocaban as concentracións nos centros hospitalarios galegos.

Concentracións convocadas pola CIG-Saúde, CSIF, SATSE e UGT para esixir unha nova convocatoria dese organismo na que se poña fin ás “nefastas” prácticas de contratación. Segundo denuncian, o organismo autonómico “ten interese en manter a precariedade laboral e afondar na vulneración de dereitos do persoal”, e para isto válese de mecanismos irregulares para a cobertura das vacantes con eventuais.

Para rematar con iso, reivindican que estas prazas “emerxan” e se “oferten por rigorosa orde de puntuación nas listas de contratación” para, con posterioridade, seren ofertadas nun concurso de traslados e nunha Oferta Pública de Emprego (OPE), seguindo os principios de “igualdade, mérito e capacidade”.

Finalmente, remarcan que as/os traballadoras/es “acceden a listaxes de contratación polo seu esforzo e méritos”, tendo que superar “máis dun proceso de OPE, anos de experiencia laboral con contratos precarios, e formación continuada”, o que “engade valor ao traballo que desenvolven”. Ese sistema regrado, indican, “non se pode subtituír por un sistema de contratacións en fraude de lei, nin estas prazas se poden cubrir a base de sentenzas xudiciais”.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto