Noticias Persoal Contratacións Trasladamos ao Parlamento a exixencia da conversión en vacantes das prazas estruturais cubertas en precario
 
 

Trasladamos ao Parlamento a exixencia da conversión en vacantes das prazas estruturais cubertas en precario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde as centrais sindicais CIG-Saúde, UGT, CSIF, SATSE e SAE fixemos petición formal a todos os grupos do Parlamento para manter reunións sobre a situación do cadro de persoal após as sentenzas da UE que declaran a ilegalidade da contratación temporal encadeada. En resposta a esa petición, fomos recibidas o pasado luns no Parlamento por representantes dos grupos parlamentarios do BNG e do PSdG, que recolleron as nosas demandas de que se estabilice o cadro de persoal, converténdose en vacantes todas as prazas estruturais cubertas con contratos temporais, así como a eliminación completa da taxa de reposición e a recuperación do cómputo de prazas perdido desde o ano 2010 debido á mesma. Onte, martes, tamén no Parlamento, as mesmas centrais sindicais fomos recibidas polo PP, a quen transmitimos a mesa exixencia. O grupo En Marea non respostou á petición feita para ter unha reunión.

Actualización: O mércores 16 de novembro, tivo lugar a reunión co grupo parlamentar de En Marea, ao que se lle trasladou esta mesma mensaxe por parte das centrais sindicais.

A temporalidade é, como vimos denunciando, un lastre para a Sanidade Pública. Para unha Sanidade Pública forte e de calidade, precísase persoal que traballe con estabilidade. E precísase máis persoal que o que actualmente está levando adiante a Sanidade Pública con moito esforzo e enormes cargas de traballo.

Desde a CIG-Saúde non deixaremos de pelexar ata que as prazas estruturais cubertas en precario se convirtan en vacantes e se oferten pola orde estabelecida nas listas de contratación, e posteriormente a oferta de emprego, seguindo os principios de igualdade, mérito e capacidade.

2016110714175640706

Julio Torrado sindicatos sanidade

Aurelio Núñez e Encarna Amigo con representantes traballadores sanidade 02

marea

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto