Noticias Sanidade Pública Outras novas Acto protesta das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galiza
 
 

Acto protesta das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Representantes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, A Mariña, Pontevedra, O Barco de Valdeorras, Monforte, e Vigo, así como dos sindicatos CIG, CCOO e da Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE), realizaron unha concentración á entrada do acto de propaganda institucional da Consellería de Sanidade no que se presentou o Plan Estratéxico de Sanidade, que pretende consolidar a estratexia de deterioración e privatización do Sistema Sanitario de Galicia .

Os representantes das Plataformas, en nome dos miles de persoas que se manifestaron en toda Galicia convocadas polas mesmas, mostraron o seu malestar á Xerente do SERGAS Rocio Mosquera, á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas e ao Presidente da Xunta Núñez Feijoo, que deberon acceder ao acto entre as pancartas de rexeitamento á política de deterioración e privatización do sistema sanitario levada adiante por eles.

Como aspecto negativo cabería resaltar que, a pesar do carácter pacífico e plenamente democrático do acto de protesta, a policía recibiu ordes de retirar ás pancartas da entrada do Palacio de Congresos, protagonizando algúns momentos de tensión ao forcejear con algúns dos manifestantes.

A Plataforma Galega Para a Defensa da Sanidade Pública quere facer saber á poboación que manterá as convocatorias de mobilizacións ata que cese esta política de deterioración do sistema sanitario que leva a cabo a administración en Galicia.


Asdo: Portavoz da Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto