Noticias Persoal Outras novas Pola recuperación no cadro de persoal dos postos de traballo do grupo C1 administrativo
 
 

Pola recuperación no cadro de persoal dos postos de traballo do grupo C1 administrativo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig-globoPeO SERGAS, na súa política de recortes, suprimiu as prazas do grupo C1 de xestión e servizos (Grupo Administrativo). Isto só obedece a unha política de retallamentos, e a unha política pouco transparente no acceso a determinados postos de traballo.

A complexidade e responsabilidade, así coma os coñecementos que se necesitan para desenvolver o traballo en determinadas unidades e servizos no SERGAS non difire en nada da complexidade destes postos nos servizos administrativos da Xunta de Galiza.

Mais o SERGAS suprime esta categoría, e se fai falta, paga un programa especial, ou convoca unha xefatura de rango inferior, para retribuír aqueles postos que por funcións deberían ser do grupo C1.

Con isto xéranse situacións de discriminación, non se accede en igualdade de condicións, nin se sabe que postos son, eliminando a posibilidade de promoción a estes postos.

Nas últimas ofertas de emprego, Función Pública convocou sempre prazas do grupo C1, as datas das convocatorias son as seguintes:

  • C1 Promoción interna, DOG do 03/07/2009
  • C1 Libre DOG do 28/07/2008
  • C1 Libre, DOG do 10/01/2008
  • C1 Promoción interna, DOG do 12/09/2007

Desde a CIG-SAÚDE demandamos do SERGAS a recuperación do grupo C1 de persoal de xestión e servizos (Grupo Administrativo), para consolidar con normalidade a carreira administrativa deste colectivo. E así o incorporamos nas nosas alegacións ao plano de estabilidade que en breve debateremos na Mesa Sectorial.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto