Noticias Persoal OPE Información Comisión Técnica de OPE e Mesa Sectorial do 21 de decembro
 
 

Información Comisión Técnica de OPE e Mesa Sectorial do 21 de decembro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informaNa Comisión Técnica de OPE a Administración explicou as alegacións das OOSS recollidas (ou non) nos novos borradores entregados:

  • Experiencia Profesional. Desde a CIG alegamos que se mantivera a valoración da experiencia como estaba nas convocatorias anteriores. O SERGAS propuxo unha modificación do valor da experiencia pero en menor medida da proposta inicialmente, cambiando o valor do mes traballado de xeito que o tope estaría en 11,6 anos de experiencia en lugar dos 7 actuais. Rexeitamos esta nova proposta e mantémonos na nosa alegación. Entendemos que este baremo é de futuro, que vai afectar non só a esta OPE senón ás vindeiras e tamén ás listas de contratación, modificar agora o baremo de experiencia vai provocar problemas nun futuro. As persoas aspirantes teñen moi difícil chegar a obter unha praza fixa, pero non por causa do baremo, senón porque se convoca un número de prazas mísero.
  • Incorporan a nosa alegación dun novo apartado de valoración de servizos prestados noutras categorías de distinta área funcional. Pero ao mesmo tempo, modifican as áreas funcionais existentes ata agora, posto que, por exemplo, retiran categorías como PSX ou Aux. Admtvo. da área funcional de informática. Non nos parece oportuno, alegamos que o cadro de áreas funcionais non se pode modificar agora, de repente e nunha convocatoria de categorías concretas. Se hai que revisar o cadro, haberá que revisalo todo na súa globalidade, e non agora, senón nunha reunión ex profeso e de futuro.
  • Promoción Interna. Pedimos en que se ofertara o 50% a P.I. para todas as categorías. Non vemos que sexa oportuno recortar as posibilidades de promoción do persoal fixo.
  • Aceptaron as nosas alegacións a respecto de:

Incorporar no texto unha aclaración sobre a devolución de taxas da quenda de discapacidade, no caso de persoas que acaden a certificación con posterioridade ao fin do prazo de presentación de instancias.

Incorporar no articulado da convocatoria a redacción do cálculo de puntuación para cando hai máis preguntas anuladasque de reserva (aceptada in situ na reunión).

Estender a puntuación adicional por conciliación a todas as quendas e non só a P.I. (aceptada in situ na reunión)

Valorar os servizos prestados de categorías da Lei 17 no apartado cuarto de experiencia (non se recollerá no texto da convocatoria, porque a Admón. entende que coa redacción do punto cuarto, estes servizos prestados deben ser valorados aí).

  • Non aceptaron, ademais das xa expostas, a nosa alegación sobre a supresión do límite de 4 puntos para cursos transversais.
  • Sobre a alegación do tribunal da categoría de TSPRL, a Admón. di que non é obxecto da convocatoria, e que haberá unhas instrucións de tribunais, onde se poderán facer alegacións ao respecto.

Unha vez feitas as roldas de intervencións, coa aceptación das alegacións que recollemos, e mantendo a Administración a súa proposta de puntuación para experiencia profesional e redución da Promoción Interna para as categorías de licenciados/as sanitarios/as e TSPRL, procédese á formalización da Mesa Sectorial.

Na Mesa Sectorial Extraordinaria, convocada só a efecto de aprobar as convocatorias de OPE, reiteramos as nosas alegacións, insistindo en que os problemas polos que a xente vai a OPEs continuadas sen acadar praza non se solucionan modificando a valoración da experiencia no baremo, senón que son derivados da pouca oferta de prazas que hai. Con respecto á convocatoria de TSPRL, salientamos que esta Administración non está realmente interesada na prevención de riscos do persoal, xa que se o estivera, faría un estudo de necesidades ao respecto e adaptaría o cadro de persoal á realidade existente, co que a oferta de prazas destas categorías non sería irrisoria como é; a creación da categoría de TSPRL naceu no ano 2000 cunha boa expectativa que co paso do tempo se foi deturpando ata o que vemos hoxe, unha convocatoria que non satisfai a ninguén.

Rematadas as intervencións das OOSS, cos votos en contra da CIG, CCOO e CSIF, e cos votos a favor de CESM-OMEGA, UGT e SATSE e a Administración, queda finalizada a reunión e pasarán as convocatorias a publicación en DOG.

---------------

Outras informacións:

OPE 2013 (Enfermaría e Médica/o de Familia): están traballando para que a elección de destino poida ser en xaneiro.

OPE CTG: vaise publicar unha modificación de tribunais no DOG, queren darlle un impulso a esta OPE (e non é sen tempo, hai máis dun ano que está convocada).

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto