Noticias Persoal OPE CIG-SAÚDE rexeita na Mesa Sectorial esta convocatoria de OPE de Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais, por insuficiente e frustrante
 
 

CIG-SAÚDE rexeita na Mesa Sectorial esta convocatoria de OPE de Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais, por insuficiente e frustrante

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

As Ofertas de Emprego Público teñen como obxectivo dar a oportunidade de acadar un posto de traballo na Administración ás persoas aspirantes que baixo os principios de igualdade, mérito e capacidade, e co seu esforzo, superen o proceso. Tamén é obxectivo das OPE estabilizar como persoal fixo a traballadores/as que durante anos veñen prestando servizos, sexa de xeito interino ou temporal. E de non acadarse a condición de fixo, permitir que o persoal poida seguir vinculado como eventual ou interino. Ademais, é outro obxectivo das OPE, recoñecer a traxectoria do persoal fixo mediante os procesos de promoción interna.

O actual concurso-oposición de TSPRL sitúase xustamente na liña contraria a eses obxectivos dunha oferta de emprego:

  • O persoal con vínculo de interinidade ou o persoal temporal que non acade praza nesta OPE, ten nulas posibilidades de volver ser contratado no SERGAS.
  • A promoción interna é residual, frustrando a expectativa das/os traballadoras/es á promoción, negándolles o seu recoñecemento profesional.
  • As persoas que acaden praza, verán limitado o seu dereito de trasladarse a outros lugares, posto que non haberá prazas vacantes ás que facelo.

Estes son os ingredientes desta OPE: número de prazas insuficiente, limitación da promoción interna, un temario insufrible.... Como se pode comprobar, xusto o contrario ao que necesitaría o recoñecemento profesional deste colectivo de traballadoras/es.

Queda patente que a prevención de riscos laborais, é dicir, a saúde laboral das/os traballadoras/es, non é unha prioridade para o SERGAS, posto que o cadro de persoal deste colectivo é o mesmo que no ano 2000. Non se fixo un estudo de necesidades, nin unha adaptación do cadro de persoal ás necesidades reais. A categoría de TSPRL naceu no ano 2000, e o que hai 16 anos naceu ben, convértese agora nun despropósito máis.

CIG-SAÚDE NON AVALA ESTA OPE DE TSPRL. EXIXIMOS UN INTERESE REAL DO SERGAS NA SAÚDE LABORAL DO PERSOAL, E A CONVOCATORIA DUNHA OPE CON TODOS OS POSTOS DE TRABALLO QUE AS NECESIDADES DEMANDAN

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto